Onte 1481: Premio do Público do Culturgal 2015
A corenta días do comezo da súa celebración, onte Culturgal 2015 anunciou as tres candidaturas do seu Premio do Público: Curtocircuíto-Festival Internacional de Cine de Santiago, Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia e Sinsalaudio. Tres magníficas candidaturas, tres magníficos proxectos expresión de innovación e comunicación cos públicos nos eidos do cine, o teatro e a música en Galicia. As votacións quedaron abertas até o 21 de novembro, data na que coñeceremos o porxecto que será homenaxeado o domingo 6 de decembro en Culturgal. Tras completar a venda de stands con máis de dous meses de antelación, a primeira vez que sucede en oito edicións, as expectativas para este Culturgal 2015 son excelentes, tanto pola mudanza na distribución do espazo expositivo, polo incremento de expositores, a diversidade e calidade da programación de actividades (da que coñeceremos algún adianto nas vindeiras semanas), como pola participación de diversos públicos nunha edición que xirará arredor do eixo da «Palabra e comunicación».
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir