Onte 1468: Fito esperanzador
O comunicado de Encontro Cidadá pola Marea Galega e Iniciativa pola Unión convocando de forma conxunta aos partidos a participar nun foro onde debater sobre a formación dunha candidatura unitaria galega constitúe un fito moi esperanzador. A posibilidade desta única candidatura sen exclusións, alicerzada sobre estas dúas iniciativas cidadás, queda agora en mans do acordo dos partidos nacionalistas e non nacionalistas que compartan o compromiso de presentarse baixo unha fórmula de unidade popular que conciba Galicia como suxeito político e defenda os intereses xerais da cidadanía galega, Sexa cal sexa o resultado deste proceso, que dende onte e a pesar das diferenzas entre os partidos semella cada máis factible de concluír con éxito, o papel das dúas plataformas está sendo sendo decisivo para facilitar os acordos, superar resistencias e, sobre todo, para xerar sintagmas de entusiasmo e compromiso na cidadanía que acredita no soño de que Galicia conte de vez cun grupo parlamentario soberano.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir