Onte 146: Educación para a Cidadanía blues
Decepcionoume a comparecencia parlamentaria na que o ministro de Educación anunciou as novidades que introducirá na lexislatura. Os contidos foron previsibles, apenas a confirmación da vontade do Partido Popular de cumprir os seus compromisos electorais e satisfacer as demandas da Igrexa e dos sectores máis conservadores: estensión do ensino concertado, adianto da segregación do alumnado na secundaria, elección da lingua de escolarización por parte das familias en comunidades con lingua propia, supresión da Educación para a Cidadanía, utilización do inglés como lingua vehicular dende a Primaria, estatuto de «autoridade pública» para o profesorado… O decepcionante foi a fraqueza argumental e o escaso dominio técnico da axenda educativa dun ministro que sabemos conta con moita labia cando aborda outras cuestións políticas. Denominar «linguas vernáculas» ao galego, catalán ou éuscaro constitúe xa unha anomalía, mesmo para os sectores fóbicos coas linguas propias. Argumentar que a desaparición da Educación para a Cidadanía se debe á intención do Goberno de evitar o seu «carácter controvertido e para non caer adoutrinamento», cando a materia foi avalada por varias sentenzas do Constitucional, non abonda para xustificar a súa substitución por unha Educación Cívica e Constitucional da que pouco se di sobre o seu enfoque e contidos. Expresar tan pancho todo un ministro do ramo que o primeiro ciclo da Infantil, de 0-3 anos, «non é educación senón conciliación», un disparate sen paliativos, agoira que van correr moi malos tempos para o futuro da nosa educación pública. Con todo, o máis preocupante semella será a nova reforma da Secundaria que pretende liquidar o modelo de educación comprensiva, en funcionamento dende hai vinte anos, unha vella teima conservadora que pretende segregar ao alumnado o antes posible segundo a inclinación ou capacidade persoal. Ignacio Wert, quizais pensando que estaba na tertulia de Francino na SER, xustificouna citando a Estapé cunha frase de Schumpeter, chamada a pasar á historia da educación española: «O importante é ter unha boa nai e un bo Bacharelato». Sobran máis palabras, eis a fórmula educativa de éxito paera Wert: nobreza de berce e bo colexio de pago.
Parabéns por este texto e pola rapidez en responder á terrible intervención do ministro Wert. A segregación social elevada á categoria de lei e a aspiración a que os pobres paguen (aínda máis!) o ensino dos ricos, coa ampliación da concertada ao bacharelato, son dúas propostas que deberemos combater con contundencia. A carón disto, o da Educación para a Cidadanía, sendo relevante, e máis mediático, paréceme menos transcendente. Sobre a educación 0-3 anos e o ton xeral do discurso, con ese cheiro a casino provincial rancio, xa se descalifica el só.
Magnífico retrato do personaxe e sobre todo do que representa neste momento crucial.
Sinceramente, esta medida soio ten unha orientación de caracter económico, eu, como estudiante dunha ESO de 49 alumnos, penso que fixeron a medida para recortar gran parte dos fondos dos múltiples centros da ESO como o meu, e aumentar minimamente os fondos dos moitos menos centros de bacharelato públicos, polo menos pediría que os fondos aforrados se desempeñasen na ensinanza, polo menos en consideración dos menos afortunados estudantes de ciclos medios que irán con menos formación.
En canto a Educación á Cidadanía terei que enfrentarme á opinión de Agrimensor (con perdón e afecto), pra min a suspensión da miña primeira asignatura mediática foi un gran impacto, sinto que non disfrutarades do devate da Educación á Cidadanía. E foi un triunfo para os “Moderados” (partidarios da monarquía mercantil) xa rompendo o que eu considero iniciación á Ética, e esta Ética xa eliminada coa suspensión de 4º.
Sintoi por estenderme, grazas polo árticulo e deixar comentar.
Nice I will post a link to this page on my blog
Actually accept a actual nice blog, I ambition I could see aggregate you accept all the time, I’m absolutely entertained by your comments, and best wishes for your blog