Onte 1396: «A Cacería» de Amadeo López Cobas, premio cidade centenaria
Participamos onte no concello de Ribeira no acto de entrega da V edición do concurso de novela curta «cidade centenaria» do que resultou gañador a obra A cacería de Amadeo López Cobas. Consolídase así este certame de noveliña galega, do que xa resultaron gañadores Begoña Paz, Ignacio Silva, Goretti Fariña e David Pobra. A Cacería é unha novela de aventuras, localizada nun tempo e espazo míticos, onde un pobo loita pola súa supervivencia, da man dun guerreiro que vemos evolucionar de neno a heroe. Unha proposta de narración épica, no que respectando as convencións do xénero de fantasía heroica, proponse unha reflexión sobre a conformación da identidade do heroe. O premio supón a reaparición en Galicia do noiés, afincado hoxe en Vigo, Amadeo López Cobas, que debutara na narrativa galega en 2002 con Contos de viaxe e que seis anos despois publicara As pantasmas sodes do que non hai. A Cacería será publicada por Xerais o vindeira ano.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir