Onte 1364: As catro idades
Interesoume moito a análise que Enric Juliana publica en La Vanguardia ofrecendo unha explicación xeracional para a actual «triple crise española» (económica, dos partidos e de Catalunya). Seguindo os estudos demográficos e de análise electoral de Jaime Miquel, establece catro idades na poboación española cuxo comportamento político tería na actual coxuntura de confusión e mudanza unha clara compoñente xeracional. A alianza entre os «Reformistas» e «Cidadans novos», as persoas menores de 56 anos, podería decantar o resultado electoral cara unha fragmentación que obrigase a «abrir unha nova etapa de reformas pactadas». Entendo que este esquema tamén é operativo en Galicia, a pesar de ser superior a porcentaxe de persoas maiores de 57 anos, identificadas como «Nenos da guerra» e «Nenos da autarquía». A existencia dunha forte pulsión de mudanza, inserida na estrutura demográfica, debería ser considerada como outro factor decisivo á hora de artellar a Candidatura de Unidade Galega.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir