Onte 1332: Corrupción
Sempre crin que a corrupción é un síntoma dun funcionamento deficiente das institucións públicas transformadas en obxecto de saqueo por parte dunha élite de políticos e empresarios sen escrúpulos nin conciencia da ética do servizo público. Loitar contra esta lacra, ou o que é o mesmo, establecer tolerancia cero contra a corrupción, require rematar tanto coa pasividade social e complicidade cultural que a ampara (os políticos e partidos corruptos non son sempre castigados electoralmente, o IVE non figura sempre nas facturas e tantas outras trapalladas) como contar con medios suficientes na administración da Xustiza e da Facenda para perseguila. Como loitar contra a corrupción supón asumir que a responsabilidade política debe ser máis exixente ca penal e a presunción de inocencia dun imputado non pode significar o seu mantemento no cargo público, xa que neste caso cómpre protexer o interese xeral.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir