Onte 1251: CXTG Intersindical Ensino
Manuel Méndez de Moaña recuperou onte no seu muro de FB unha desas fotos que merecen ser conservadas no arquivo do blog. 45 persoas que hai trinta anos compartimos a candidatura da CXTG Intersindical da provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións sindicais do ensino público. Toda unha xeración de ensinantes nacionalistas, hoxe felizmente xubilados na súa maior parte. Non puiden evitar a emoción que me provocou a presenza de Mª Victoria Moreno ou Vañentín Arias, ou a decepción de comprobar a escasa presenza de compañeiras, en profesión tan feminizada coma a nosa. Xaora, a pesar do paso do tempo, acredito que continuamos teimando nos ideais da escola galega.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir