Onte 1188: Inocentes
Celebrouse onte o día das inocentes que inundou as redes coas súas brincadeiras, máis ou menos afortunadas. O mellor foi unha anotación luminosa en Fb de Montse Tintimán lembrando ese refrán tan noso «O un de abril van os burros onde non deben ir.» Unha forma moi elegante de expresar que esa é a xornada que o calendario tradicional galego dedica ás brincadeiras. Tamén a xornada que salientaba Otero Pedrayo na súa Historia de Galicia para xogar aos enganos e ás trampas, como fan tamén en Portugal, Reino Unido, Francia, Italia, Polonia ou nalgunhas zonas de Alemaña. Deixemos, pois, as brincadeiras do 28 de decembro para os inocentes e ocupémonos das nosas, sen subalternidades, coma outros europeos, o 1 de abril, o noso día dos enganos, unha tradición esmorecida que cómpre reactivar e volver poñer en valor. A nosa gratitude a Montse Tintimán por lembralo onte de forma tan acaída.
Sempre um prazer, Manuel . Obrigada, desde o meu exilio voluntario em Euzkadi