Onte 1140: O caso Monago
Na conferencia de «buen gobierno» do PP, Monago prometeu devolver os cartos ao Senado, o que constitúe acudir á institución do «trasacordo», xa que o día anterior confesara que as súas viaxes privadas foran pagadas do seu peto. Até agora os seus líos coas facturas das súas viaxes pertencían á categoría de «derroche de cartos públicos», comportamento quizais amparado nos privilexios dos que gozan algúns servidores públicos. Xaora, tras semellante trasacordo, o caso Monago entra nos territorios máis complexos da mentira, esoutra clase de inmoralidade tan frecuente na clase política, capaz de negar a evidencia de fotografías, facturas e outros documentos sen que os seus protagonistas asuman responsabilidade política nin xurídica ningunha. Co doado que sería para Monago demitir e recoñecer que viaxou con cartos públicos a visitar a súa namorada. Con casos así vexo difícil que Rajoy convenza a cidadanía da sinceridade dos seus propósitos de rexeneración democrática e loita contra a corrupción.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir