Onte 106: Mocidade emigrante

Sabemos que os membros dos gobernos adoitan ser máis optimistas co resto dos cidadáns. Porén, o caso de Beatriz Mato é xa dun optimismo doente. A Conselleira de Traballo na resposta no Parlamento a unha interpelación do BNG rexeitou que os mozos e mozas emigren en Galicia por falta de oportunidades, xa que, segundo o seu criterio, moitos o fan de xeito temporal para formarse. Abofé que Ana Pontón deixou as cousas no seu sitio cando lle retrucou que milleiros de universitarios galegos foran contratados por universidades de fóra de Galicia nos últimos anos, a metade dos que terminaron a carreira. É lamentable que un membro do Goberno galego non admita un feito tan dolorosa como innegable: a mocidade galega actual, sobre todo a universitaria, emigra de forma masiva. Na Galicia do noso tempo non se lle ofrece futuro. Hoxe algúns destes mozos mozas regresan, magoadamente, só por Noite Boa. Que pensa diso o presidente Feijóo?

2 comentarios
  1. Maeloc
    Maeloc Dice:

    A señora dona Beatriz xa a avisa no seu apelido que mata; chámome Beatriz Mato, porque eu mato as expectativas e as esperanzas da xente nova. Paréceme verdadeiramente hipócrita e cruel esa “señora”; seguro que ten, como a maioría dos políticos, os fillos “traballando” nun bo chope ou fundación, mentres que outros, verdadeiros fillos do pobo, non atopan traballo nin nunha fundición.

    Responder
  2. Félix
    Félix Dice:

    Eu traballei seis anos en Bruxelas (1995-2001) e durante ese período coñecín a máis de coarenta xóvenes galegos becados por institucions públicas autonómicas ou fundacións privadas. Hai agora dous meses asistín a un xantar que organizaran dous deses becarios que agora residen en Galicia e falamos da vida, das nosas e das nosos coñecidos… E tamén dos 34 becarios, todos eles identificados. Deses 34 só teñen retornado a Galicia 12; destes 12 só teñen traballo estable –ou decente– 7 e destes, 3 deles o conseguiron porque afiliáronse ao PP e, ¡sorpresa!, accediron a Administración autonómica.
    Todos eles, os 34, son titulados superiores, falan alomenos un idioma (se desenvolven ben en inglés ou francés).
    Os que non voltaron a Galicia, 27, traballan –¡todos!– en Madrid, Catalunya, Bruxelas, Londres, París…
    Eu mesmo teño duas fillas xa adultas, con formación superior, unha domina 4 idiomas e a outra 5, que tamén marcharon de Galicia porque nos traballos que tiñan gañaban o mesmo que un obreiro non especializado en Catalunya, Euskadi ou Madrid, sen posibilidades de mellora a curto o medio plazo –e se fixéramos a comparación cos salarios de Ámsterdam, Toulouse, Linz, Munich, ou Manchester ben seguro que teríamos que falar de vergonza.
    Beatriz Mato tería que contar ata dez, como mínimo, antes de falar de segundo que cousas.
    Saúdos.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *