Obrigado, moito obrigado

Sen querer entrar en polémicas nin pretender rebater interpretacións, aseguro que Quintana foi, o pasado mércores á noitiña, o primeiro que soubo da miña decisión. Tempo haberá nos vindeiros días nestas brétemas para falar e reflexionar devagariño sobre un rebumbio que protagonicei sen procuralo. A pesar da filtración informativa interesada do martes pasado, a pesar dos malos días que levo pasado dende entón, volvín comprobar que de todas as experiencias dolorosas da vida poden tirarse cousas positivas. E, abofé, que desta volta fíxenme cunhas cantas. Reitero o meu agradecemento por todas as opinións que desde a rede ou telefonicamente recibín, tanto as que me animaban aceptar o convite como aqueloutras que consideraban debía declinalo. Grazas de corazón a todos e todas.

3 comentarios
  1. Jaureguizar
    Jaureguizar Dice:

    ¡Buf! ¡Menos mal! Eu sempre pensei que tiña vostede sentidiño. Grazas por ficar desta beira. Eu penso que fai máis falta que naqueloutra.

  2. Txetxu
    Txetxu Dice:

    A otros… en nuestra juventud nos “tentaron”, también con concejalías.

    Si necesitas un sitio para el sosiego distante tienes las puertas abiertas

    Txetxu

  3. Cesare
    Cesare Dice:

    Ben, meu moi prezado manolo, moi ben.
    Megóame que non acepte. Tamén me magoa que un dos políticos máis hábiles da ghalleira anuncie na mañá de sábado o que vai anunciar (quéroo pra min, non pra vigo).

    En fin, manolo, mándolle unha calorosísima aperta. Sei que os seus llo agradecerán. Dios, cantas cousas pra lerchear nos premios xerais deste ano…

Los comentarios están desactivados.