O profesorado debe ler co seu alumnado

«A lectura non é unha área máis, é a peza fundamental para aprender o resto das asginaturas», dixo Fernando Reimers, catedrático da Univeridade de Harvard, na lección que inaugurou a semana monográfica, organizada pola Fundación Santillana, «La lectura en la Sociedad de la Información». O profesorado de calquera das materias debe ler co seu alumnado, como unha das súas actividades docentes principais. Agradécese que autoridades académicas reivindiquen a importancia fulcral do ensino da lectura en todos os niveis educativos. Non abondan as ocasións para repetilo.

4 comentarios
  1. ARUME DOS PIÑEIROS
    ARUME DOS PIÑEIROS Dice:

    Cando en selectividade os puntos para literatura española (supoño que para a galega pasa o mesmo) son sobre dez só dous e moitos profesores prefiren non dala ou simplesmente prefiren que memoricen datos e conceptos, todo (ou case todo) está explicado. Mardita selectividá.

  2. folerpa
    folerpa Dice:

    Non está de máis repetilo pois hai educadores e pais que aínda non o entenderon. Sen ir máis lonxe na escola do meu fillo instaurouse este ano o plan lector: quince minutos para ler acotío antes da hora de lecer. Pois ben houbo algunha mestra que se queixou, dicíndo que era un parvada e que lle quitaba tempo a súa materia.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Supoño que sería boa cousa ler na lingua que falan os alumnos e non destrozar unha lingua por Decreto.

    Alguén lle explicou este asunto ó catedrático de Harvard?
    ¿Que dixo do tema?

    Que dá igual ler ben que ler mal…?

Los comentarios están desactivados.