O nomeamento de Anxo Lorenzo
Fago miña a lúcida anotación de Fran Alonso. O nomeamento dunha persoa como Lorenzo,leal defensor do idioma de noso, debe ser entendida como o primeiro froito da mobilización da sociedade civil que conseguiu (polo momento) coutar o paso ás presións galegófobas. A decepción expresada por Galicia Bilingüe é unha mostra do acertado deste nomeamento. Polo ben do futuro idioma, agardamos os maiores éxitos de Lorenzo (aquí as súas primeiras declaracións)no seu dificilísimo traballo. O domingo, e a pesar das moi desafortunadas declaracións dos responsables da Mesa, estaremos en Compostela reafirmando o futuro da lingua de todos. Nestes momentos de enorme incerteza é imprescindible continuar con esta resposta cidadá.
Anxo Lorenzo aceptou derrogar o decreto do galego no ensino si ou non?
Vaino cambiar por un que implique menos presenza do galego nas aulas si ou non?
Brétemas, está ben que o Anxo sexa un colega, pero a vaquiña polo que vale…
Se deroga o decreto e aplica un mellor (aplicado polo PP) igual as cousas melloran. Eu defendo a Lorenzo por tres motivos:
1) É a primeira vez que un socioligüista, unha persona que sabe de normalización esta na fronte de política lingüística (M. López é unha medievalista!). Nese eido, é do mellorciño de Galiza (entre os 3 mellores) e ten un CV envexábel (non entendo as declaracións de Lobeira). Sabe o que hai que facer e supoño que terá marxe de manobra (Feijoo xa puxo a p.lingüística á súa tutela, non en educación).
2) Publicamente atacou a política de GB e as ideas de Feijoo pero refutando a rima de falsidades dos galegófobos. Lembremos que o PSdeG non defendeu o seu propio decreto e era algo ben sinxelo! É dicir, Lorenzo sempre poderá argumentar o que fai e desfai…
3) Realmente hai sectores que estaban a espera de ter a Gloria Lago para aplicar as teoría de GB: o victimismo (ao que Casares chamaba febleza intelectual). Termos a Anxo Lorenzo é unha victoria… unha marcha atrás de Feijoo e iso froito da presión social. Imaxinemos que o seu nomeamento vén o 19 de maio tras unha manifestación de 200.000 personas en Compostela… Feijoo sabe que o do domingo vai ser histórico e adianta acontecementos.
O decreto do ensino nin lle foi explicado á sociedade nin foi defendido publicamente polos seus promotores. Supoñamos que Lorenzo sustitúe este decreto por outro mellor. E atención, un bo decreto, no meu parecer, non debe falar de cifras senon de obxectivos. De pouco serve teremos un decreto que fale do 70% se despois non chegamos ao 30%… o que importa é o resultado e os obxectivos, que no meu humilde parecer son tres:
-potenciación do coñecemento de galego entre os máis novos.
-potenciación da imaxe do galego na sociedade xeral.
-frenar a perda de falantes e endereitar a situación para comezar un aumento.
Eu non só lle dou marxe a Lorenzo, senón que penso que está e a primeira vitoria do galego en moito tempo e sobre todo, a derrota de GB.
Mal o BNG e moi, moi mal a Mesa, mal que nos pese aos seus socios.

-frear a perda de falantes e endereitar a situación para comezar un aumento.

Se deroga o decreto e aplica un mellor (aplicado polo PP, logo ceibe de críticas cando estea na oposición) igual as cousas melloran. Eu defendo a Lorenzo por tres motivos:

Desculpas por se repetir o comentario!
Tamén hai xente que mantén a serenidade e a ollada reflexiva sobre esta cuestión:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/equipos-normalizacion-consideran-positivo-nombramiento-politica-linguistica/idEdicion-2009-05-14/idNoticia-426810/
Os vencedores da Asemblea do BNG teñen moi clariño cal é a liña. Dá igual que sexa Lobeira, que a Mesa, ou o mesmo Paco. Irredentos. Acusadores. Todo o mundo é o inimigo. O BNG, señoras e señores, está morto. Con esta xente non é posíbel facer viábel ningún proxecto político nacionalista con vocación hexemónica. Nin por moito que o intente +BNG. Acabouse.
Non podo demorarme moito na resposta, que teño varias cousas que finalizar para a manifestación do 17 de maio, mais tampouco podo non responder ao teu comentario, amigo Bragado.
Eu concordo con que o nomeamento é froito da mobilización da sociedade e das moitas reaccións á implacábel política galegófoba anunciada. Todos os sindicatos rexeitaron as propostas do PP para o ensino e a RAG emitiu esta semana un comunicado histórico, como sabes. A manifestación deste domingo tamén ten todas as expectativas para encher as rúas de Compostela como nunca. Non é, con certeza, a mellor situación para o presidente do Goberno galego festexar o Día das Letras.
Agora ben, dis que o nomeamento significa “coutar o paso ás presións galegófobas” e eu non vexo tal cousa. Se observas as declaracións do presidente Núñez Feijóo tras o Consello da Xunta de onte, o mesmo anunciou o nomeamento do novo responsábel de política lingüística que reabriu oficialmente a caixa dos tronos co tema de *La Coruña, algo do cal ouviremos falar moito máis sobre todo antes das municipais, xa verás (e querería moitísimo equivocarme!). Diego Calvo dixo o día anterior ao Consello que había o compromiso persoal do presidente da Xunta para oficializar esa deturpación, que conlevaría derrogar a Lei de normalización lingüística.
Dixen e reitero que o problema non é a persoa electa, senón as políticas a desenvolver. De momento, o único que trascendeu, minimamente, é que se pretende “consensuar” (significa iso que o PP regresará ao consenso?) un novo decreto que reduza as horas de docencia en galego. Vaise tamén mudar a Lei de función pública como prometeu o presidente para que o galego deixe de ser un requisito? Vaise derrogar ou alentar a derrogación da Lei de normalización para mudar o seu único artigo taxativo, o referido a toponimia? Vaise tombar o modelo lingüístico das Galescolas?
Esas son as preguntas para min. Do Anxo xa coñezo os seus traballos e a súa sabida sensibilidade co galego, unha sensibilidade que por certo non é en absoluto menor á que tiña e segue tendo por exemplo Marisol López.
Por outra banda, a min a verdade non é que me condicione o que opinen Galicia Bilingüe nin Jiménez Losantos. O programa de Galicia Bilingüe, que pasa tamén por mudar o artigo 5 do Estatuto, digamos que non é o máis factíbel nin operativo para o PP no goberno, polo cal o estourido xa estaba anunciado por todos antes ou despois. Van camiño de se converter no AGLI de sempre, só que con maior apoio externo (Jiménez Losantos, Pedro J., FAES…).
Algún día quero facer un artigo sobre as mudanzas de responsábeis de política lingüística (eu lembro só desde Regueiro Tenreiro: González Moreiras e Marisol López), como reaccionou A Mesa, as críticas que recibiu esta asociación, nas súas diferentes directivas, polo seu “escepticismo” e como, lamentabelmente, esas críticas pareceron proféticas.
Insisto en que desde A Mesa non se critica a persoa, senón as políticas anunciadas para un cargo que ten como primeiro obxectivo anunciado tombar o decreto do galego. Se as políticas mudaren para ben, que corra a champaña e tocará arrimar o ombreiro. Se se trata de dar pasos atrás entre exposicións millonarias, estudos a embute e a política de sucedáneos de todas as lexislaturas anteriores, seguiremos estando aquí sumando forzas para defender a lingua.
Vémonos o 17! Unha aperta!
Carlos,
que saque o tema d’A Coruña que sabe que xudicialmente non ten volta atrás. Comparar a Anxo con Marisol nestes temas, aínda que só sexa por formación…. mellor calo.
Concordo co Bretemas.
Non son de recibo as declaracións da MESA, con frecuencia sobreactuan e espantan á xente (logo parecen de GB)
Parecénme máis prudentes (aínda que escépticas) as declaracións da CIG-Ensino.
Vai axudar a Feijoo a saír do labirinto que temerariamente se meteu. Ainda que o dano que fixo ao Galego estará sermpre ás súas costas, faga o que faga de aquí en diante.
A pesar da MESA eu tamén estarei en Compostela o 17.
Vémonos
NO A LA IMPOSICIÓN LIBERTÁ, LIBERTÁ!! 🙂
Derogación del Artículo 3.1 de la Constitución Española
“El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla….”
Eu mostreime moi crítico co seu nomeamento, malia ter moi boas referencias del. Confeso que ao mellor me precipitei, mais penso que o seu neomemneto e as declaracións de Feixoo -nomeouno para derrogar o decreto dixo- non cadran. Hai unha bicefalia evidente. De todos os xeitos agardo ter que comer as miñas verbas, iso sería un bo síntoma. Amais o que eu diga, un particular é unha cousa, pero o que digan o BNG e a Mesa é outra. E mimadriña, mellor non comentar so seus caulificativos…
Vémonos en Santiago, meus
Que montunos los de la Mesa, oiga, que brutiños te son. Mira que criticar al chico este tan simpático que por fin nos va a derrogar el decreto de la imposición lingüística… LIBERTAZZZZZZZZZZZZZZZZZ
Antón.
Despois de todo, isto é un asunto político. É de política do que estamos a falar (aínda que sexa no apartado de política lingüística):
O señor Lorenzo entra nun goberno do PP con todas as connotacións que xa coñecemos. A partir de agora pasa a ser un obxectivo político para as forzas da oposición e outros axentes sociais. Esa é a función da oposición e non pode ser de outra maneira tendo en contra o grado de crispación e xogo suxo que introduciu o señor Feijóo e a movilización subseguinte que provocou (dunha e doutra parte).
Hai que preguntarse se estamos no mellor momento para o consenso,
se esa é vía a que quere explorar o PP,
se póde Lorenzo xogar ese papel.
Son dos que opinan que é necesario o máximo consenso sobre a lingua pero, por desgracia os tempos non son eses. Anxo Lorenzo debería asumir que, a partir de agora pasa a ser un elemento máis da loita política ( e dígoo con pena).
Aínda que o persoaxe nos pareza válido en xeral, hai que ter en conta o papel para o que está destinado ( aí é onde a cousa resulta máis confusa).
É posible que o presidente lle dera todas as garantías para poder levar a cabo o seu traballo: con libertade, apoio político e medios económicos, pero isto non casa en absoluto coas actitudes e declaracións de Feijóo e outros líderes do seu partido e dos apoios económicos e mediáticos que tén dentro e fora do país.
Tamén póde ser que se pretenda utilizar a Lorenzo para crear desmovilización e división (xa aparecen indicios) e despois deixalo caír ou simplemente darlle unhas directrices que non seña quen de asumir, pero esto sería un exercicio de equilibrio político excesivo incluso para Feijóo e de extrema crueldade se temos en conta que o señor Anxo Lorenzo poría en xogo non só a súa incipiente carreira política máis tamén moito da súa carreira profesional.
Todos coñecemos as habilidades do presidente para apagar lumes pero este fíxose moi grande incluso para el.
Lorenzo saberá onde se meteu e espero que saia con ben!
Neste contexto, non se póde dicir que Callón non teña razón, xa que foi nomeado para rebaixar o status do galego ( ninguén desmentiu esto) pero concordo en que o prioritario é non crear desmovilización nen división na nosa banda (quizais é o que se pretende).
Ata despois do 17, nada que non sume!!!
Vémonos en Compostela!
Política e planificación lingüística na situación obxectiva de conflicto lingüístico é algo ben diferente á mera acción lexislativa. Unha das primeiras declaracións que leín de Feixó xa presidente sobre este tema foi dicir que en Galicia non existira planificación lingüística. E eu estou radicalmente de acordo con esta afirmación. Hai quen queda satisfeito cun mero decreto sobre o ensino do galego e centra aí o eixo de toda discusión sobre o futuro do noso idioma. Pero a realidade é que a lexislación sectorial foi sempre eneficiosa para o uso do galego e, non embargantes, en ausencia de toda política ou planificación o que leva e levou é á perda de falantes e á desespranza sobre a normalización do noso idioma. Son dos que pensa que a utilización sectaria do galego polo nacionalismo realmente existente é un dos maiores obstáculos para afrontar con rigor plans de normalización e un auténtico suplicio para os que somos falantes activos non nacionalistas, continuamente raizoados polos que instrumentalizan no seu favor a cuestión lingüística importándolles ben pouco o que isto significa a medio e longo prazo para a pervivencia da lingoa con independenza da pervivencia dos partidos e grupos do nacionalismo qe hoxe coñecemos.
Se nos fixamos na actuación, por exemplo, do BNG en cuestión lingüística en Vigo, onde gobernarondende a alcaldía e gobernan hoxe dende a bi-alcaldía, debemos preocuparnos: un uso puramente retórico da cuestión, unha vergonzosa práctica do idioma polos seus dirixentes, un uso habitual do castelán na actuación pública e privada do equipo de asesores de Santiago Domínguez e a nula actuación para evitar ou denunciar a evidente marcha atrás que na última década ten a normalización lingüística nas institucións da cidade.
Feixó actúa intelixentemente no nomemanto de secretario de política lingüística… pero aínda hai xente tan sectaria que preferiría ver a Gloria Lago en tal posto e así durmir tranquilos dicindo és!?, aínda que iso significase unha tremandamente mala noticia para o futuro do idioma.
O galego precisa dunha planificación lingüística que ataque o corazón da perda de falantes, o autododio. Unha planificación que persiga especialmente o prestixio social do idioma, á desectarización na percepción do seu uso por falantes activos, a mellora da competencia lingüistica no sector docente…
Menos decretos, máis planificación con obxectivos expresos e recursos para acadalos.
Non irei á manifestación, por máis que me reconcomo por non poder facelo: non quero acabar co mesmo sentimento co que rematei a miña propia historia contra o prestige no apoio a Nunca Máis, fundido nun mar de bandeiras partidistas que alguén se empeñaba en dicirme que eran as de Galicia.
Os carballos, non nos deixan ver a carballeira
Concordo en boa medida coas argumentacións de Pablo Eifonso, mais véxoas incompletas. Os prexuízos contra o galego só veñen nunha pequena parte da utilización equivocada que poida facer o BNG; miudezas, se a comparamos co ataque feroz que estes últimos meses desenvolveron os de “la imposición”. E creo que non ten razón cando diso deduce que non irá mañá a Santiago, eu animaríao a cambiar de opinión. Seremos moitos os que estaremos mañá en Santiago conscientes de que imos apoiar a lingua, non apoiar a Mesa nin o BNG. Penso que isto xa o teñen moi claro os da Mesa, pois o comentario de Carlos Callón a este mesmo post introduce importantes matices ao comunicado oficial.
Eu tamén estarei moi satisfeito se Anxo Lorenzo logra resultados positivos. Véxoo moi complicado, sobre todo se as persoas que estamos preocupadas pola lingua non facemos oír a nosa voz.