O futuro do PSOE vigués
Estes douscentos militantes socialistas vigueses, que polo momento parecen non apoiar a candidatura á alcaldía de Abel Caballero, irán en serio ou ao final van amagar? O futuro municipal do PSOE vigués semella previsiblemente o doutra decepción anunciada.
Non entendo gran cousa de política, pero teño a impresión de que Abel Caballero non é precisamente un amigo da lingua galega. Mágoa que o PSOE insista sempre en descoidar un asunto tan importante. Que non conten co meu voto.
O máis extraño é a pugna entre tío e sobriño. Aínda que a ambos sóbralles ambición desmedida.