O Carnaval en Galicia

Coincidindo co inicio desta primeira semana do Entroido puxemos nas librarías unha nova edición, totalmente renovada, do Carnaval en Galicia, o libro de Federico Cocho, con magníficas fotografías de Manuel G. Vicente, que percorre as manifestacións e a xeografía do noso entroido tradicional, tanto rural como urbano: os Momos e Mecos, os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres… E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses… Un libro ben xeitoso para estes días de xoldra.

Etiquetas:
4 comentarios
  1. r.r.
    r.r. Dice:

    Pois xa a primeira edición é un libro máis que recomendable, e non só para os interesados/obsesionados no tema coma min. Eu papeino con moitísimo gusto.

    ¿Pode dicirnos, señor Brétemas, en qué aspectos se renovou esta edición, por se recuncamos?

    Un saúdo.

  2. marcos valcarcel
    marcos valcarcel Dice:

    Ademais, o amigo Federico Cocho, xornalista, é un tipo magnífico (fixemos a mili xuntos). Noraboa por esa reedición renovada, logo.

  3. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Rubén: recuperamos o texto, revisamos a ortografía e ilustrámolo con medio centenar de fotografías de Manuel G. Vicente. Os contidos son os da edición anterior, aínda que a edición é moi diferente (mudanza de formato, maqueta, cor, etc.)

Los comentarios están desactivados.