Novoneyra, 17 de maio 2010

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/K8_jFWgaBWg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A pesar de que as concellarías de Cultura do BNG promoveron ao mesmo son a candidatura de Ricardo Carvallo Calero, non creo que quedasen descontentas coa elección do poeta courelao Uxío Novoneyra e da elección como académico (xa era tempo!) de Bernardino Graña. Haberá que agardar outro ano pola sorte de candidaturas como as de Lois Pereiro ou pola do editor Ánxel Casal. Estou convencido de que a figura potente de Uxío dará un grande xogo no 17-M, tanto a nivel popular como académico, nun ano onde o debate sobre o futuro do idioma e o papel da creación literaria en galego continuarán sobre a mesa. Parabéns para Elba e para Branca, Arturo e Uxío que conservan a súa memoria literaria e dignidade humana.

2 comentarios
  1. paidovento
    paidovento Dice:

    A elección non é mala, aínda que os poetas non dan moito xogo no ensino. A opción de Carballo Calero tampouco era para desbotar, tendo en conta a súa personalidade polifacética. Con todo, o seu valor simbólico para moitos reintegracionistas seguramente non axudou moito para que fose o elixido.

Los comentarios están desactivados.