Nova editora
Souben hoxe da xestación dunha nova editora que pretende especializarse na publicación de traducións de textos da literatura galega. Decontado, seguro, haberá noticias.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Xa era hora de que alguén se arriscase nese eido. O oco está libre fai tempo. POr fin poderemos ler en galego autores doutros países sen pasar pola peneira do castelán. Agardo que sexa tan boa – a comparación é inevitable – como a editorial Salamandra, El Acantilado e, a miña favorita, Valdemar.
É unha nova prometedora.
A ver, que me entere: a nova editora vaise especializar en traducións de textos DA literatura galega ou Á literatura galega?
Eu tamén entendín que a nova editorial traduciría ó castelán obras escritas orixinalmente en galego.
Efectivamente, ababoro, esa é a información que eu teño.
É como di Viñó, e as editoriais que el cita son precisamente o modelo de quen impulsa esta nova editora.
Pois sería magnífico, contar cun selo desa calidade. Magnífico, magnífico!
E non vostedes aí certo perigo en canto á normalización do galego? Se as obras orixinalmente escritas en galego comezan a comercializarse en castelán na Galiza non hai un grave risco de perder lectores en galego?