Nota dos editores

Para quen siga a polémica, hoxe pode consultar a nota oficial da asociación de editores (aprobada na asemblea do luns e consultada con todos os socios). Os editores propoñerán unha reunión coa AELG (xa contactaron os presidentes) para elaborar un protocolo de boas prácticas editoriais.
Esoutra información, tamén de hoxe, é interesante (hai datos que poden ser pouco coñecidos).
8 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    E fundamental que AGPI sexa incluida na reunión para que non sexa derramada máis tinta.

    Entendo que debe de coordenarse unha reunión entre autores e editores con todo que o término conleva.

  2. manel cráneo
    manel cráneo Dice:

    Cando dixen “derramar tinta” quero dicir que non creo que proceda seguir mantendo unha conversación a traverso da prensa entre colectivos senón que o idóneo é sentarse a falar todos os implicados neste asunto.

    Os ilustradores manifestamos en varias ocasións a nosa intención de realizar unha reunión deste tipo nos últimos meses, parece que non vai a ser bo deixar que pase máis tempo porque o momento idóneo e o antes posible.

    Carpe diem e saúdos.

    Manel

  3. Lola
    Lola Dice:

    Non é mala información saber que cando merco un libro o 50% vai para a distribuídora e a librería e un mísero 10% para a persoa (ou persoas) que gastaron tempo e enerxías na súa creación.

  4. autor
    autor Dice:

    Que a Xunta medie no asunto non é unha petición absurda: no se pode deixar todo ó control duns contratos privados editor/autor como vostedes propoñen: primeiro porque moitos deses contratos teñen cláusulas abusivas -cando non ilegais-, e non son produto dunha negociación, senón dunha imposición unilateral (a editora), e o segundo motivo polo que a mediación do Goberno non é absurda explícase cun sinxelo exemplo: ainda que todos coñezamos a regras do fútbol, e o regramento estea escrito, ainda así á hora de xogar SEMPRE é necesaria a figura dun árbitro. É un garante de respeto as normas.

  5. debuxante x
    debuxante x Dice:

    A min paréceme que a Xunta sí debe intervir. ¿ A razón ? Que a pesares de que hai unha lei que protexe aos autores, as editoriais pasan dela. Os autores vense totalmente desasistidos e un por un non poden facer nada. Se trata de que a Xunta obrigue ás editoriais a cuprir o que é de lei.
    Por certo, que por suposto que os debuxantes tamén deberían estar presentes nesas negociacións.
    Canta mais xente faga presión, máis posibilidades de conquerir algo teremos…

  6. ilustradora
    ilustradora Dice:

    Traballo con editoriais galegas e algunhas máis ou menos van cumptrindo, hai outras cas qe no traballaría núnca.
    A propia asociación de editores sabe que socios dela cumpren e outos socios non, deberían de empezar estas editoriais exemplares por meterlle presión os seus propios compañeiros e non deixar que por culpa deles, as editoriais que funcionan correctamente se vexan ofendidas neste asunto.
    Eu podo comprender o que sentirán neste momento os editores que o fan ben.
    Disculpade que manteña anonimato, gracias.

Los comentarios están desactivados.