Naceu o DILVE
O nacemento do DILVE (Distribuidor do Libro Español en Venda) é unha noticia esperanzadora. Esta é unha ferramenta informática, baseada en Internet e na tecnoloxía ONIX for Books, que permitirá intercambiar información bibliográfica (tanto comercial como promocional) entre todos os integrantes da cadea de valor da industria do libro (editores, libreiros, distribuidores, bibliotecarios, webs de lectura ou medios de comunicación…). Veremos como funciona. Semella unha oportunidade para visibilizar na rede o enorme catálogo vivo (325.000 títulos) imposible de poder atopar nas librarías.
Unha experiencia que se debería poder emular para o libro galego que conta con apenas nove mil referencias en catálogo. Un proxecto que podería acometer a AGE e a Federación de Libreiros de Galicia en colaboración coa Consellaría de Industria, Innovación e Comercio.
Resulta algo sorprendente, na páxina do DILVE, que entre os “axentes da cadea do libro” non figuren… os escritores.
(Copio os requisitos tal e como aparecen na páxina:)
Requisitos
Ser un agente de la cadena del libro: editoriales, librerías, distribuidoras, tiendas en línea, webs de libros y lectura, bibliotecas, medios de comunicación