Manuel Sendón: casas doentes
Absolutamente recomendable é a exposición de Manuel Sendón inaugurada esta noite na Fundación Barrie de Vigo. Esa manchea de catrocentas casas abandonadas, fotografadas con enorme sobriedade e precisión no encadre, expresan a dor silenciosa pola perda dunha parte do noso patrimonio construído no medio vilego. A casa concibida como arca e memoria. A dignidade das construcións tradicionais concibidas como espazos para ser habitados. O poder evocador da arquitectura. Unha proposta artística para reflexionar sobre o paso do tempo. As posibilidades expresivas do arquivo. Unha mostra dun auténtico mestre na súa madurez compositiva. Beizóns, Manolo!
- Recomendable é, tamén, o recente blog do fotógrafo, onde presenta un completo percorrido pola súa obra dos últimos quince anos.
Hola!!!
a verdade é que gostei bastante, botara un vistazo rápido, pero despois con el falando, gustoume, algunhas dudas resolvinas pouco despois, pensando sobre ideas que comentou , ( por exemplo, en principio gustariame mais as imaxes emnarcadas, pero por outro lado, en moitas imaxes asi temos as propias delimitacions das casas!).
a unica pena é as veces intentaba falar e moita xente falaba na sala, incluindo as personalidades!!!
boa!
saudos.
javier fernandez perez de lis.
manuel: sempre quixen saber por que rematara a fotobienal de vigo, q tan ben levaban tanto sendón como suárez canal. podes contarnos q pasou?
Hola,..
bueno, eu non son manuel sendon, pero unha vez lin algo sobre o remate da fotobienal. O caso é que cando a organizaban, o arte non era o que é, e mais concretamente a fotografia, moitos fotografos que estiveron na fotobienal de vigo, q por outro lado era moi apreciada fora, viñan de forma bastante economica, algo que agora é case impensable no mundo do arte!, ( iso lin! ) o que si esta claro, é q e unha pena que agora que hai mais espacios adecuados para ela, (Marco, incluso Museo do Mar e asi) non se pode facer,.. unha magoa!
saudos.
Boas,
Penso que Sendón debería expoñer a sua versión. Pero nas veces que falei con él en ningún momento me comentou que fora por causa dos precios da fotografía, máis ben o cansancio viu de loitar contra trabas burocráticas e políticas a nivel local.