Libros galegos en Internet
“Este libro comezou sendo un traballo para o seminario “Produción e empresa editorial. Tradición e novas tecnoloxías”, impartido polo profesor Víctor Fernández Freixanes no curso de doutoramento 2005/06 da facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. O obxectivo orixinal do traballo era referirse á situación do libro dixital galego en Internet, centrándose nos libros escritos en galego. Pero parecía interesante amplialo para estudar a presenza na rede do conxunto de libros dixitais producidos na comunidade en calquera lingua ou que sexan de interese para os lectores e lectoras de Galicia e que se poidan atopar en calquera das grandes bibliotecas dixitais do mundo, para consultar ou descargar de xeito legal”.
Beizóns para o autor polo esforzo que redundará en tecer a rede en galego.
Moi completo o traballo de Henrique Neira Pereira. É moi necesario, ao meu modo de ver, a dixitalización dos libros, xa que é unha forma inmellorable de conservación das obras.
Destacar tamén que é preciso que o galego colla pulos tamén na rede, é outra forma máis de loita pola súa normalización e na contra do dominio anglosaxón da lingua e a cultura na rede.