Ler dende o berce
Vía Libreros atopo este interesante artigo sobre o inicio do proceso lector. A afirmación máis rotunda do texto é que “os oito meses de vida é o momento no que cómpre iniciar ao bebé na familiarización do libro como obxecto”. Semella que nesta idade, cando o neno ou a nena xa pode sentar e coller o libro coas súas mans, é a do inicio do complexo proceso pre-lector. Precisamente, asumindo este criterio, Kalandraka editou o primeiro libro en tea en galego e a colección “Do berce á lúa“, títulos moi axeitados para estes pre-lectores.
Etiquetas: Libro, Kalandraka
meu fillo ten libros dende que naceu. E ainda que non chegou aos dous anos, é un dos seus xoguetes favoritos. Fai que lee, conta historias nesa media-lingua que teñen nesta idade, repite os nomes dalguns personaxes e -de cando en vez- arranca algunha páxina… pero non importa: nós valoramos mais que lle sexan familiares e que os use, ainda que sexa estragándoos…
Recomendo o novo libro de Kalandraka: A Banda de Vilacendoi, de Xulio Gayoso. Debuxos e texto de primeira.