Kalendas

Viaxamos á cidade da brétema para presentar as Kalendas de Xosé Lois García. O acto, que repetimos ao día seguinte en Chantada, tivo grande altura literaria, sobre todo, pola intervención moi meditada de Xosé Manuel Eiré, quen cualificou o libro “como un proxecto poético absolutamente inusitado, froito dun traballo hercúleo que acaba posuíndo ao lector”. “Poesía océano, esixente e esixida”, foron outras das valoracións de Eiré para este libro nacido da convención formal de manuscribir un poema diario nunha axenda cubana dedicada a José Marti. Almanaque ou axenda poética, xornal lírico, enorme poema que narra a existencia ao longo do ano 2003 do noso maior poeta emigrante, Kalendas é unha proposta que pola súa orixinalidade e dimensión merece non pasar desapercibida.
2 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    O libro é moi bo…

    Lástima que o autor sexa tan pouco sexy, entón sería marabilloso.

    Por que será que na literatura galega de calidade non abondan autores/as con carisma sexual para que, logo de lelos, un/unha teña soños húmidos con eles/elas?

    Unha idea para a vosa editorial: autores de calidade + físico suxerente = éxito asegurado.

    El non estará aí a clave
    do renacemento da maltreita edición galega?

Los comentarios están desactivados.