"Illa Soidade" de An Alfaya
Illa Soidade, a obra de An Alfaya gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2007, relata a historia de Lucía quen, nunha viaxe en tren cando vai iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando a súa relación con Soa, unha esmoleira a que coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio.
Para o xurado do Premio Fundación Caixa Galicia “Illa Soidade é unha novela iniciática na que a personalidade da protagonista, Lucía, evoluciona grazas ao contacto con Soa, que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. A obra retrata a indixencia, afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia. Cada unha delas é unha illa chea de historias nas que raras veces somos quen de introducirnos”.
Vídeo: O blog dos pelachos.
Unha pregunta persoal: a persoa que presenta ao principio é Xosé Manuel Moo? Non se ve moi ben a imaxe, pero parece o mesmo que estudiou filoloxía hispánica en Vigo, éo?
É, efectivamente.
Moitas gracias. Facíaseme moi coñecido o nome porque o tiven coma alumno, pero ata que non o vin nesas imaxes non acreditei que era o mesmo a quen lle din eu clases. Excelente persoa, por certo: axudounos algunha vez nalgún congreso. Dealle recordos meus: el tal vez por estes datos saiba quen son.