Galicia continúa á cola en lectura
Continúa sendo tan triste como desolador: Galicia non sae dos postos de cola en índices de lectura. Na presentación da campaña “Lee en la playa” (campaña moi pouco imaxinativa e eficaz, por certo), organizada pola Federación de Gremios de Editores e o Ministerio de Cultura, salientouse que, segundo os datos do máis recente barómetro de lectura 2007, as comunidades con menor índice de lectura son Galicia (51,2%) e Estremadura (49,5%). Os responsables do estudo xustifican estes fracos porcentaxes a “cuestións históricas”, feito que pouco nos consola. O máis decepcionante do dato, que arrastramos dende que se ven elaborando este barómetro, é que non semella importar a case ninguén. Unha sociedade penúltima en lectura pode aspirar a colocarse con algunha garantía en cabeza noutros ámbitos? Teño para min que estas balanzas de lectura son tan significativas sobre as nosas posibilidades futuras como as balanzas fiscais. Cando asumiremos que a lectura é unha cuestión estratéxica (e, polo tanto, política)?
Para alén da construción “estatal” da lectura, de quen le e de quen non, é paradoxal que os os estudiantes galegos acaden moi bons e mesmo sobranceiros resultados en federal comparanza.Estoutros cidadans que acadan os primeiros postos de feliz porcentaxe lectora, u-los ? Lese o que se compra ? É cuestionabel a metodoloxía do informe ?