Galeusca
“4. O galego, éuscaro e catalán tamén son linguas oficiais nos seus territorios, que é o mesmo que dicir que son as linguas propias de aproximadamente o 40% da poboación do estado español. Estes códigos lingüísticos diferentes do castelán, lexítimos e nos que se recoñece o percorrido e expresividade dun pobo e dunha cultura, son instrumentos de comunicación igualmente “democrática”, ferramentas de relación interpersoal útiles e necesarias para a sociedade que as sustenta.”
[…]
“9. As políticas lingüísticas aplicadas ao ámbito educativo nas chamadas comunidades bilingües teñen como obxectivo conseguiren que o alumnado acade unha boa competencia nas dúas linguas oficiais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar. Para acadar ese obxectivo, é preciso desenvolver planificacións lingüísticas que garantan a consecución dese obxectivo e que pasan, necesariamente, pola utilización vehicular maioritaria da lingua máis desfavorecida socialmente. E isto, en vez de ir contra a liberdade lingüística, é, precisamente, unha actuación imprescindible para garantir esa liberdade lingüística.”
O texto pode apoiarse dirixindo un correo electrónico á secretaría da AELG: oficina@aelg.org
Teño coñecidos k firmaron o do castelan, teño outros k lles chaman “fachas” por firmalo.A min me da k e uhna guerra politica, eu tanto falo un como o outro.Nin o galego desapareceu con franco nin o castelan desaparecerá agora.Ultimamante teño problemas mais gordos co euribor k co idioma.Anonimo Coruñes
Sen dúbida as ‘vítimas’ da guerra lingüísitica temos outros problemas máis acuciantes nas nosas vidas.
Só que algúns teñen outros intereses como a Cidade da Cultura (Baleira?) será un Novo Museo do Mar (en seco?)
Ou coma os 50 millóns de €uros do Plan de Animación á Lectura levado adiante pola Conselleira de Cultura ata o 2011…
Se non é subvención é unha boa INVERSIÓN de Futuro para tódalas Editorias que publican en Galego?
Na vida non todo é ‘fraguismo’ ou antifraguismo. Ogallá fora todo tan sinxelo. Chercher l’argent..!
Coincido contigo en que os argumentos esgrimidos pola Federación de Escritores Galegos, Vascos e Catalán GALEUSCA ten maior consistencia cós de Savater et alii. Eu tamén mostrei o meu apoio á declaración de GALEUSCA coa sinatura. Saúdos.