Fidel Castro e Galicia
No suplemento Estela de Faro de Vigo publícanse hoxe tres páxinas de adianto sobre as relacións de Fidel castro con Galicia extraídas do libro de Ignacio Ramonet (Fidel Castro. A miña vida) que publicaremos a comezos do mes de decembro.
Etiquetas: Fidel_Castro._Conversas_con_Ignacio_Ramonet
Lin o avance con moito interese, Manolo, pero convirás comigo en que o titular de FdV é criminal.
É certo, Manolo. O titular non é o máis brillante dos posibles.
Eu fíxenlle hai días unha pregunta que non tivo o detalle de que contestar. Repítoa por se agora quere ter tal amabilidade. Grazas.
É o mesmo libro que se publicou en castelán hai cousa dun ano ou así?
As miñas desculpas polo retraso en contestar a súa pregunta. A nosa edición coincide coa máis recente publica por Debate en castelán, coa excepción que non levará caerno de fotos.
Grazas por contestar. Mais se non é impertinente preguntalo, que interese ten logo publicalo en galego? Sobre todo despois de saberse que se trata dunha obra de recorta, pega e colorea.
En fin, vostede saberá.
O “Cien horas con Fidel”, todo un éxito de vendas na Illa, e din que un dos mellores libros da Revolución. será certo?
“Comprendo” que non conteste a miña derradeira pregunta.
Benquerido “Comprendo”: nunca polemizo no blog con aquelas persoas que semellan telo todo tan claro coma vostede. Agradezo os seus comentarios e o seu interese pola nosa liña editorial, mais non podo contestarlle mais nada. O libro do seu interese foi a imprenta esta semana e estará nos andeis das librarías no mes de decembro a disposición daquelas persoas que teñan interese en lelo en galego.
“Comprendo” que se enfade. Era unha pregunta impertinente. Que venda moitos exemplares.
Non, home, non; non me anoxo por iso. Agradézolle o seu comentario, ao que non lle falta perspicacia. Saúdos.