Fernández del Riego denuncia
– A situación da súa doazón á cidade?
– Bueno? Está paralizada totalmente. Non estou satisfeito. A biblioteca e o museo son valiosos? É un museo contemporáneo, da miña época, con obra de Colmeiro, Laxeiro, Maside, Torres, Minguillón? É una doazón en vida, feita en 1995 con dúas ou tres condicións que están por cumprir. Unha delas e o do persoal, e non ten persoal ningún. Tal como está sirve de complemento á Fundación Penzol?–Non se están cumplindo as cláusulas da doazón?
– Non. Especialmente no que afecta a persoal e condicións da sede. Está totalmente desprotexida. Vigo ten un gran pecado. É una potencia industrial, pero ten un desaproveitamento da vida cultural notable. Falta tradición.
– Foron moitas as promesas de arranxar a situación?
– Moitas. Pasaron moitos alcaldes e nada? A biblioteca está morta e o museo debería ter personal idóneo e visitas guiadas. Hai moito material sin incorporar porque no hai onde metelo e mantense na caixa forte e outro o conservo na casa. En total non ocupa máis que un par de habitacións na Casa Galega da Cultura. Sinto unha decepción grande? Non estou arrepentido, porque teño unha identificación coa cidade moi grande, pero síntome triste. Xa desistín de decir nada. .. Alá eles. Estou moi decepcionado cos dirixentes, pero teño claro que una cousa son os administradores e outra a cidade?
Ten toda a razón don Paco denunciando unha situación que, coñecéndoa (como outras), non tivemos a coraxe de facer pública nunha cidade cada vez máis degradada no eido institucional. «Unha cousa son os administradores e outra a cidade» é unha frase clave e luminosa para explicarlles aos que aquí non viven o que ven acontecendo en Vigo dende hai varias décadas.
Imaxino que esta denuncia de don Paco servirá para que esta semana os responsables municipais (non sei a quen lle corresponde, se á concellaría de Cultura ou a de Patrimonio; se ao BNG ou ao PSdeG-PSOE) convoquen unha roda de prensa e prometan que esta cuestión do tan «querido e admirado don Paco xa está en vías de solucionarse» (isto é o que vimos escoitando na última década a diferentes alcaldes e concelleiros). E, como tantas outra veces, aquí acabou o conto e pasamos páxina. Moi triste o que está pasando no Campo de Granada.
O maior problema é que o “o problema está en vías de solucionarse” forma parte da historia de Vigo. Somos a cidade espiral, do eterno retorno.
Un feito que debería avergoñar a calquera vigués de ben. Para min estamos falando da maior e máis fundamental institución cultural que temos, eses fondos bibligráficos e os da Penzol son un tesouro.Botei moitos meses consultandoos para a miña Festina Lente, que non exsitiría de non ser por eles. Una mágoa, pero nada estraño na nosa cidade desmemoriada.
Bo día.
Achégoche este meu artigo por se for do teu interese: http://www.carloscallon.com/2009/01/fra-e-dentro.html
Con certeza, calquera crítica ou suxestión sempre será ben recibida.
Aproveito para che dar os parabéns e as grazas polo artigo deste domingo no Faro.
Unha aperta!