Feliz 2022: «Live forever»
A pesar de que nesta fin de ano a pandemia teima, nós tamén o facemos e continuamos a tradición de celebrar o serán de San Silvestre coa música do grupo dos manchesterianos irmáns Gallagher. Buscando un tema que posuíse un celme optimista tiven que renderme a «Live forever», na súa emocionante versión do Festival de Glastonbury de 2004, unha canción concibida como unha pregaria de guitarra sobre a renovación da amizade e os anceios da mocidade: «Quero vivir», «nós viviremos por sempre».
Os meus mellores votos para un 2022 mellor no que o músculo dos afectos nos permita compartir e enxergar con azos o horizonte máis alá da ría.
Saúde, amor e boas lecturas galegas.
Que teñas un bo 2022. Sáude e liberdade.
Que teñas un bo 2022 cheo de letras e saúde!