Enredad@s
Hoxe coñecín o programa definitivo de Enredad@s as Xornadas sobre Mocidade e Internet que organiza en Santiago o Consello da Xuventude de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e as tres universidades galegas. O simpático da cuestión é que coinciden nas mesmas datas e case no mesmo horario co noso Simposio sobre as Bibliotecas. Os organizadores convidáronme a participar, o día 17 de novembro, nunha mesa redonda titulada “Hai un galego na rede”, xunto con María Yáñez, Marcus Fernández, Javier Pedreira (“Wicho”) e José Manuel Lage Tuñas. Nas xornadas haberá debates e conferencias de responsables en España de Google e Microsoft, ademais dun curso de formación (tres días) sobre “Weblogs: o meu espazo na rede. Comunicación e Marketind” impartido por Edan Xestion. Semella que cada día é maior o interese en Galicia pola literacidade electrónica.
Pra cando algunha iniciativa que utilice o internet como meio de comunicación e de integración da emigración?
Saúdos
De tódolos xeitos, poderás asistir ós dous eventos, ¿verdade? É que a mesa redonda perdería moito sen a túa presenza.
Por suposto que estarei na mesa redonda. Alí falaremos. Saúdos.
Sempre as mesmas caras, sempres os mesmos nomes… está ben eso de que as institucións nos paguen as beers and blogs. Sempre é interesante ver os caretos que xa vemos no enblogs ou no xuventude, en todos os eventos. Tamén é interesante atender ós mesmos oradores, poñentes e moderadores. Ai!! que aburrida vai estar ese dia a blogosfera galega sen ter conectada a máis da metade da xente que a compón. snifff
Ollador, non creo que esteamos sempre os mesmos. De feito, coido que nunca estiven na mesma mesa redonda que Bragado (e xa estiven nunhas cantas).
O que está claro é que hai xente coma Manolo Gago ou María Yáñez que son referentes, e de non participar faltaría algo. Ademais, o Enred@dos está dirixido a unha mocidade que non está tan involucrada no blogomillo como a moitos lles parece, e seguro que van levar unha sorpresa ó saber o que se coce na blogosfera galega.
A min paréceme moito máis reiterativo que a case tódolos congresos sobre blogs aparezan persoas coma Enrique Dans, que xa o temos tan visto coma se nunca marchase de Galicia.
Xa postos, comentarei que prefiro como orador a José Luis Orihuela, que tamén ten bastante relación con esta terra.
De hecho yo estare en esa mesa redonda y no me conoceis ,,,
un abrazo
Miguel Angel Segovia