Desvélase o modelo de xestión da CdC
Comezan a desvelarse os proxectos previstos para a CdC. Non podo agachar a miña enorme perplexidade diante do modelo de xestión anunciado por Touriño: unha fundación con maioría privada (51%) para xestionar unha obra financiada na súa totalidade con cargo a fondos públicos. Outrosí sucede co anuncio do nome do responsable da nova fundación, Juan Manuel Urgoiti, empresario de tan acusado perfil financieiro e cosmopolita como escasa presenza na actividade cultural do país, ou o carácter claramente bipolar (“mixto”) que se pretende proporcionar á xestión da CdC, esgazada nunha parte pública (os edificios do Arquivo e da Biblioteca Nacionais, e supoño tamén do Museo de Historia de Galicia, que serán responsabilidade da actual Fundación CdC) e noutra privada, onde se adscribirán as instalacións expositivas de perfil máis innovador (o Centro de Arte Internacional, o Museo dos Nenos e o Espazo Obradoiro) e a xestión dos servizos comúns (restauración, espazos comerciais ou parkings).
Outra das nosas perplexidades é que este modelo de xestión bipolar non parece coincidir exactamente co anunciado pola conselleira Ánxela Bugallo nas súas comparecencias parlamentares; como tamén parece ben extraño que o presidente Touriño non anunciase un compromiso explícito do Goberno central na xestión dun proxecto que debería ser considerado de estado. Porén, sen poder entrar a valorar a viabilidade e excelencia do modelo de xestión proposto nin os contidos expositivos (as informacións proporcionadas onte foron moi xenéricas), polo menos semella unha boa noticia o compromiso destas grandes empresas galegas para encarreirar tan díficil proxecto. Ben está que as dúas caixas, Inditex ou os grupo Jove e Tojeiro arrisquen parte dos seus recursos nun proxecto que, inequivocamente, debe estar ao servizo da cultura galega e da súa proxección internacional. Quedemos con esta esperanza, agardando que despois do verán se poidan despexar moitas das dúbidas que expresamos.
Deixando a o marxen si esa obra k comnezou Fraga ten sentido ou non.Eu penso como vostede, deberia de ser algo donde o goberno de España “amigo” axudase a este pais en algo tan custoso.¿Que jove, tojeiro e amancio ortega se involucran? pois tamen pareceme ben, so espero k no monten un “parke tematico” e si o montan k sea o mais cultural posible, por k esta xente non da puntada sin fio.Saudos do amigo coruñes
acabo de leer k emrpesarios asistiron a cea con touriño e cia, para eso da financiacion de CdC, e seika van a presentalo por todo lo alto en setembro. E pasmome k akeles denostados “especuladores do ladrillo”(exemplo mais claro epifanio campo “fabricante de ladrillos”) k tanto foron atacados antes das eleccions por os politicos, agora os senten a sua mesa pa pedirlles cartos.Isto da politica e os cartos e un culebron sin fin, a o final, k ben se levan.
A.Coruñes