Da subvención á inversión
Txetxu Barandiarán pronunciou unha conferencia que pretendía sacar as cores ao sector, baixo o título provocador de “O sector do libro da subvención á inversión” (pódese ler o PDF). Partindo da constatación de que os comportamentos evolucionan máis amodiño que as tecnoloxías, debullou o que entende por un cambio de paradigma: a cultura está hoxe por riba do soporte, convencido de que a década na que estamos será a do coñecemento e da cultura. Criticou a resposta do sector editorial fronte aos cambios producidos polas NN. TT., lenta e demonizadora, xa que quedou durmido á chegada de Internet.
Diante desta pasividade, Barandiarán propuxo dúas estratexias de acción: pasar da subvención á inversión (xa que as NN.TT. son un recurso básico, unha infraestrutura de transporte) e pasar da sobreprodución á produción de calidade (máis libros non son mellores libros: “a proliferación de títulos non é síntoma de maior diversidade, se non de falta de profesionalidade”; “o exceso leva á non elección”). Barandiarán apostou con radicalidade, e non lle falta razón, pola edición de libros de calidade, recordando a frase de Rosa Mora: “os moitos libros non nos deixan ver a literatura”.
Concluíu a súa intervención con estas conclusións:
1. A edición é un sector de contidos de valor, non de soporte.
2. O papel do editor é consolidar contidos, construír un catálogo con sentido.
3. Aposta polo multisoporte.
4. Procurar a eficiencia na cadea de valor virtual.
5. Realizar un traballo en rede, áxil e flexible.
6. Necesidade de que os editores se volvan definir. Pechouse un ciclo editorial en España.
Ideas e análises para tomar moitas notas, si señor.
O.K. Pero hai algo que me está intrigando: ¿explicou ou explicouse como se vai determinar a calidade, quen vai decidir tal calificación? Témome que no mundo editorial hai unha contradicción per se, tal e como sucede e cucedeu no mundo do cine (arte ou industria). Hai bodrios que son supercomerciais e obras de alta calidade que levan á ruína. Con ou sen nn. tt.
De tódolos xeitos intercambiar opinións é sempre interesante.
Afectos.
Interesantes reflexións que deben ser ben oídas por aqueles que se adican a edición e por todos aqueles que amamos os libros e a cultura.
O gran problema vai a vir da fragmentación das obras por a procura dun negocio que, as vezes, xa non existe.
Introduzco algunhas reflexións e ideas sobre este tema e o estreno de Google Print no ABC. Tentaréi procurar que no xornal se interesen un pouco máis nun congreso e unhas ideas tan valiosas como as aquí reseñadas.
Ratoncitos ciegos en un mundo de agujeros
Saúdos e mis parabéns a Barandiarán e Millán polas súas reflexións.
Un par de cosas rápidas recién llegado a Bilbao:
1. Gracias por la invitación a las jornadas.
2. En relación a la calidad que alguien preguntaba, hice también la constatación de que no existen en estos momentos unos parámteros claros sobre la misma, pero estamos y se puede trabajar sobre ella.
Ha iso un auténtico gustazo estar por Santiago y poner cara a las palabras “virtuales”