Contra Maquieiro
Outra boa noticia: Ferrín entregounos esta mañá o seu novo poemario, Contra Maquieiro.
O grande mestre organizou estes textos, absolutamente inéditos, en catro grandes apartados:
I. “Contra Maquieiro” (o corpo de trinta poemas que dan título ao volume);
II. “Cuarteto con Alemaña” (catro poemas de verso moi longo);
III. “Ex Senectute” (seis poemas)
IV. “Profecía de Taramundi” (dezanove versículos, case prosas versificadas ao xeito bíblico).
O poemario constitúe unha revista ao século XX, dende a guerra de Cuba ata o seu remate. Velaí os tres primeiros versos do libro, que constituirá o número 10 de Xerais Poesía e aparecerá nas librarías galegas nos primeiros días do mes de novembro:

Dáme Razón un lóstrobo de sombra
pra eu ver a casa dos oprobios os lugares
cóncavos nos que o meu tempo fosforeceu
Promete, promete. E o título ten o seu aquel.
En fin… que Ferrín invoque a deusa Razón non deixa de ser un brinde ao sol do noso gran poeta e contista (que non novelista), e pésimo político.
Ti en cambio es un contista anónimo e un político covarde.