«Como galego sinto vergoña»
Tras o acto de presentación do manifesto «Galego. patrimonio da Humanidade» (onde houbo unha importante participación e intervencións moi relevantes), fixen estas declaracións para Galicia hoxe.
Como galego sinto vergonza de que o presidente do meu país teña tan escasa consideración co esforzo colectivo de case tres décadas que costou forxar o actual estatuto xurídico do galego. Recuperar este consenso é unha prioridade para a nosa convivencia. Interpreto a tremenda acollida que ten o manifesto (alén do papel dinamizador da propia rede) e o xermolar de diversas iniciativas organizativas arredor do idioma como un síntoma do malestar existente en sectores urbanos moi diversos da sociedade coa actual política do Goberno Galego sobre a lingua, mais tamén como un síntoma moi esperanzador de vitalidade cívica.
Totalmente de acordo. Apoio as túas palabras ao 100%
Subscribo a súa reflexión: Eu, como “lugoslavo”, tamén sinto vergoña.
(Lugoslavo: Chámase lugoslavo ao galego nacido nas terras de Lugo que foi criado lonxe de Galicia…)
Unha aperta.
Parabens pola iniciativa. Desde Cataluña, rebicide o meu apoio galego e amigo
Idem.
Mais que vergoña…noxo.
Canto temos que aprender dos catalans, nos últimos 30 anos eles van cara adiante e nos cara atrás.
Como na peli de Blade Runner….nos desfacemos e desaparecemos como lágrimas na choiva…..