Cifras do estado da edición nos EE.UU
Os inquedos blogueiros do Extratexto (un dos mellores espazos sobre edición internacional que coñezo) proporcionan hoxe algunhas cifras ben curiosas sobre o estado da edición nos EE.UU. Paga a pena debullar estes datos para identificar tendencias sobre o futuro da edición. Copio algúns dos máis salientables e chocantes:
- O 78% dos livros publicados vieram de pequenos e microeditores que habitualmente trabalham 50 horas semanais sem direito a férias ou segurança social.
- As primeiras tiragens são, em média, de 5.000 exemplares (cuja venda total é, em obras de ficção, considerada um sucesso, 7.500 de vendas para não ficção).
- Os preços dos livros têm subido nos últimos anos, em valores variáveis de 2 a 20%, custando em média entre $30 a $40 (€23,5 a €31).
- Dos 15 000 estabelecimentos de venda de livros, 8 000 são livrarias e 3 000 delas são livrarias de especialidade.
- O 40% das compras de livros são por impulso.
- A venda de livros online já ultrapassa os 10% do total de livros vendidos.
- De 10 000 livros infantis escritos, 3 são publicados…
- O 47% das pessoas compram livros baratos ou usados (de €0,75 a €6).
En comparación cos nosos, quizais os datos máis espectaculares sexan as tiraxes medias (nós en galego non acadamos en 2004 os 1.500) e os prezos entre (€12 e €18). Mellor non falar do 10% de compras en Internet (non acadamos nin sequera o 1%). Porén, semella moito máis doado publicar aquí, especialmente libros infantís. Quen goste de comparar máis estatísticas da industria estadounidense do libro aquí ten onde pasar o rato.
47% das pessoas compram livros baratos ou usados (falamos de persoas que compran libros, que tantopor cento compra libros?)
en canto ao prezo dos libros, calé a renda per capita daqueles/as que os compran,porque para a media galega resulta extremadamente dificil facer fronte á compra de libros.
por outra banda, desexamos engrosar as estadísticas de libros comprados por impulso, entendo, novidades elixidas case sen criterio… ou é preferible ter lectores con gustos definidos quen de elixir.
realmente a quen serven estas estadística é ás empresas que buscan negocio, non a quen procura cultura.
na miña máis humilde opinión.
un saúdo