Homenaxe a Francisco Taxes
/en Presentacións, Teatro, Xerais/por bretemas
Este serán homenaxereamos a Francisco Taxes na Coruña. Unha oportunidade para lembrar ao autor d’ O velorio e doutras pezas primeiras do teatro galego da segunda metade do século XX. No acto participarán o seu fillo Xurxo, Ramón Nicolás, Manuel Rivas e Ánxela Bugallo.
Decálogo do galego
/en Presentacións, Vídeos, Xerais/por bretemas
A presentación que fixemos d’ Os Grouchos de Manolo Rivas en Santa Comba tivo dúas versións do Decálogo do galego. Aínda botamos unhas risas. Beizóns, Pawley.
"Festina lente", estrea en Compostela
/en Autores, Entrevistas, Narrativa, Presentacións, Xerais/por bretemas
Onte acompañamos a Marcos Calveiro na primeira presentación de Festina lente, realizada no obradoiro de encadernación da Libraría Couceiro compostelana. Hoxe aparecen catro entrevistas nos medios nas que Marcos salienta o valor dos libros como poderosas armas de coñecemento contra a intolerancia e o carácter da novela como fresco histórico da Compostela dacabalo dos séculos XVI e XVII. As primeiras referencias de lectura que estamos recibindo son inmellorables, na liña da nosa intuición. Seguiremos presentando a novela na Feira do libro de Vigo, no Festigal e na Feira do libro da Coruña.
Aconsello visitar o blog da novela.
Herminio Barreiro
/en Presentacións, Xerais/por bretemas
Hoxe rdl publica un monográfico sobre o meu benquerido amigo e profesor Herminio Barreiro. Unha longa entrevista con Herminio e dous textos de Lupe Gómez, Narciso de Gabriel conforman estas oito páxinas que non podemos máis que recomendar. Hoxe ás 20:00 horas presentaremos na Libraría Sargadelos de Santiago Recordar doe, o formidable libro memorialístico de Herminio. Participaremos no acto con Lupe Gómez e o profesor Luís Cochón. Os que poidan obviar a primeira parte do partido de Portugal, están convidados.
Serán pola paz
/en Imaxes, Presentacións, Slideshare, Xerais/por bretemasSuso Jares mandoume a reportaxe fotográfica (preparada por Paco Vilabarros) do Serán pola paz, celebrado o pasado 18 de abril, no que presentamos os dous primeiros volumes de Educación e paz e festaxamos o 25 aniversario da fundación do grupo Educadores pola paz.
Premios Xerais 2008 (I)
/en Imaxes, Premios, Slideshare, Xerais/por bretemasXa temos Xerais 2008
/en Premios, Xerais/por bretemas
Manuel Lourenzo, Marilar Aleixandre e Mar Guerra Premios Xerais 2006. Beizóns para eles tres e para Carlos G. Reigosa que actuou como mantedor literario dunha velada que resultou emocionante.Finalistas Premios Xerais 2008
/en Premios, Xerais/por bretemasOs xurados declararon hoxe as obras finalistas.
Xurados dos Premios Xerais
/en Premios, Xerais/por bretemas
Hoxe anunciamos os xurados dos Premios Xerais.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
O Vigo de Otero Pedrayo6 de Xaneiro de 2026 - 9:54 a.m.
Aguinaldo4 de Xaneiro de 2026 - 3:06 p.m.
Contafíos31 de Decembro de 2025 - 5:53 a.m.
Vigo en tres paisaxes30 de Decembro de 2025 - 7:02 a.m.
Primeiro Conto de Nadal24 de Decembro de 2025 - 6:57 a.m.









