Industria cultural
Nunha recente reunión de editores debatemos sobre o termo “industria cultural”. No excelente blo de Rogerio Santos (obriga consulta, fonte de coñecemento e curiosidade constante) leo o resume dun texto de Ramón Zallo que axuda moito a comprender este concepto no que teimamos tanto os editores galegos.
Para Zallo as industrias culturais serían o “conxunto de ramos, segmentos e actividades auxiliares industriais e distribuidoras de mercadorías con contidos simbólicos, concibidas por un traballo creativo, organizadas por un capital que se valoriza e destinadas finalmente aos mercados de consumo, cunha función de reprodución ideolóxica e social”.
Sob este concepto as industrias culturais serían:
-
Industrias de edición descontinua, como as editoriais, discográficas, produtoras de cinema, edición audiovisual,
-
Industrias de produçión e difusión continuas, como a prensa, radio, televisión, que coinciden cos chamados medios de comunicación,
-
Industrias sen canle autónoma de distribuición e difusión, como a publicidade e a produción audiovisual,
-
Segmentos tecnoculturais da informática e electrónica, como a informática doméstica e Internet,
-
Segmentos culturais da industria xeral como deseño gráfico e industrial ou imaxe de produto.
Pois iso, a tomar nota. Temos industrias culturais en lingua galega? Lendo a Zallo, déitome máis optimista.



