Plog

Vía Txetxu, Bibliómano e Casi Seguro descubro o fenómeno plog: un blog pra escritores, unha fórmula de Amazon que permite aos autores bloguear sobre os seus libros e responder aos comentarios dos lectores.
Etiquetas:

Blogs e fomento da lectura

A revista electrónica Dosdoce.com publica un traballo de Javier Celaya sobre o papel dos blogs no fomento da lectura e a súa aplicación educativa. O estado da cuestión e as experiencias máis salientables. Moi recomendable.

Librería Michelena

Este blog non é da libraría pontevedresa que todos coñecemos, senón da caraqueña que rexe Roger Michelena. Interesáronme moito algúns dos debates que propón, moi semellantes aos nosos.

Etiquetas: , ,

Blogs e libros no Liber

Vaise concretando a posibilidade de realizar un encontro, coincidindo co Liber (Madrid, 27-29 de setembro) de persoas de todo o estado relacionadas co mundo do libro (autores, editores, libreiros, bibliotecarios, xornalistas, críticos…) e que argallamos, tamén, no eido dos blogs. Txetxu Barandiarán, xenerosamente, coordina a iniciativa, que xa recibiu o apoio de Girbés, Celaya, Odell e eu mesmo. Agardo que en Galicia e Portugal exista máis persoas interesadas no encontro.
Etiquetas: ,

Tirant al cap

O meu amigo Joan Carles Girbés, editor de Bromera (editorial onde publican en catalán autores nosos como Suso de Toro ou Agustín Fenrández Paz e coa que vimos colaborando dende hai máis dunha década) iniciou o pasado mes de maio un interantísimo blog sobre edición e lectura. Recoméndoo vivamente, así como o seu libro máis recente, unha guía práctica para promover a lectura nos seo da familia. Beizóns, Joan Carles.

Literatura participativa

A raíz dos comentarios que fixemos recentemente algúns blogueiros galegos, Juan Varela publica un texto imprescindible para entender o futuro da literatura na rede. Insiste na nova literacidade (á que tantas veces nos temos referido) como un dos elementos que axudan a explicar o éxito dos escritores blogueiros e denuncia que, porén, que hai escritores blogueiros que desperdician as posibilidades da nova textualidade (hipertextualidade e multifuncionalidade) empregan o soporte dixital como se dun analóxico impreso se tratase (reflexión atinadísima, que comparto ao cen por cen). Para min o máis interesante da Rede é que as novas posibilidades técnolóxicas son, tamén, novas posibilidades creativas; en definitiva, o cerne da deboura da literatura na rede está na nova textura da textualidade electrónica que abre as portas á participación do lector e a unha escrita multifuncional, intertextual e hipertextual de posibilidades creativas aínda descoñecidas.

Juan, abrindo un debate na rede, fai dez propostas para unha LITERATURA PARTICIPATIVA:

1. Abrir la obra a la hipertextualidad, la asincronía y la participación.
2. Explotar la dinámica dialógica, hipertextual y cronológica y evitar la redundancia con el papel.
3. Recuperar la oralidad del blog, tan necesario para refrescar la literatura.
4. Explotar la intertextualidad creativa y el valor cero de la copia para crear.
5. Fragmentar, acortar y crear caminos hipertextuales donde el lector elija la composición de la obra. El lector compone la obra.
6. Literatura multimedia.
7. Clicwriting: escritura basada en el golpe instantáneo y en la concomitancia de escritura y edición (Yépez);
8. El aforismo y el esquema como puerta de la biblioteca y la obra.
9. Emplear la blogosfera, los wikis o los foros de discusión como contacto directo con los lectores y debate sobre la obra.
10. Enriquecer el dominio público y la cultura libre. Lo que se crea en red se comparte en la Red sin el apego a los derechos de autor para estimular la participación y alimentar la creación de otros sin cortapisas.

Xeración blogueira

Acredito na intuición de Jaureguizar e Folerpa. Os narradores blogueiros arrasan nos premios literarios deste 2006. Penso que non se trata dunha casualidade nin dunha moda. Confirmarase, tamén, nos tres premios Xerais? Agardemos apenas unha semaniña.
Etiquetas: , ,

17 de maio blog

Hoxe, día de Internet e día internacional contra o homofobia, tamén é día das letras (a pesar que as librarías estean pechadas). Hoxe hai un bo monllo de reflexións no blogomillo. Abusando do metablogueo (perdón ascárida) aí van as que máis me interesaron:

  1. As uvas na solaina (En defensa do día das letras)
  2. Cabaseira (O estado da lingua, grazas pola ilustración)
  3. Galicia confidencial (a pelexa lingüística)
  4. La muralla (un libro, un toxo)
  5. Soños de Delft (Feliz día do libro e do toxo)
  6. Ámote moito (Pescudar o sentido primixenio das palabras…).
Beizóns merecen as iniciativas de La Voz (por fin en galego), a dos podcasts de Vieiros (cada vez máis completiño e máis saboroso), e o discurso valente e reivindicativo do presidente da Academia. Chegada esta xornada sempre teño a sensación melancólica que temos moitas máis posibilidades das que apuramos ao longo do resto do ano. Quedémonos, pois, con este entusiasmo de hoxe.
Etiquetas: , , Galicia

Blog de Xabier Docampo

Coñecín hoxe o blog de Xabier Docampo. Magnífico! É moi importante que os nosos escritores se vaian incorporando ao blogomillo. Semella que Xabier pretende aproveitar as posibilidades da textualidade electrónica. Recoméndoo vivamente.
Etiquetas: ,