As máscaras de Cronos

O xoves e o venres desta semana continuaremos coas presentacións do último libro de Ramón Caride, As máscaras de Cronos (poemas (1994-2005). O volume recolle a obra poética do autor dende o ano 1994 e inclúe os libros xa publicados Cerne das labaredas (Espiral Maior, 1994); Flor no deserto (Premio Cidade de Ourense 1994), Xeografías do sal (accésit González Garcés da Deputación da Coruña, 1998) e Diacrónica (inédito, 2002), ademais dalgúns poemas inéditos en libro, publicados en diversas revistas nos tres últimos anos. Palabra rotunda e segura, belixerante e de combate nalgunhas ocasións; poesía amatoria, telúrica ou existencial noutras. Poesía, como sinalou Manuel María, “semellante ao orballo que ao caer, manseliñamente sobre nós, dá a impresión que non molla pero, cando nos decatamos, estamos humedecidos deica os ósos”. O xoves da pasada semana realizamos a presentación en Ourense, acto do que dou conta por extenso Marcos Valcárcel.

Etiquetas:
2 comentarios
  1. iamato
    iamato Dice:

    Poesía semellante tamén á bretema abstracta que todo o contén, antes que a luz do concreto marque as diferencias entre un e outros, entre un e todo… Prefiro sumerxirme nas brétemas e olvidarme de…olvidarme.

Los comentarios están desactivados.