«As aulas e o despacho»
as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.
O pasado sábado, Anxo Lorenzo remata a súa ponencia na xornada de formación cos membros dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros premiados na convocatoria de proxectos de innovación en normalización lingüística 2009-2010. No vídeo pode verse un extracto do debate posterior. As imaxes son impresionantes pola afouteza e claridade das intervencións do profesorado e, ao mesmo tempo, desoladoras polos rostros de enorme tristeza dos participantes abatidos polo dano profundo que se lles está infrixindo. Síntome moi orgulloso de que contemos con profesionais coma eles comprometidos coa escola galega. Aconsello difundir este vídeo por todos os medios ao noso alcance. Dificilmente imos atopar unha peza que mellor defina o que está sucedendo nestes momentos nas aulas e nos despachos.
Impresionante! Unha lección de dignidade! No ano de Novoneyra, “a forza da palabra non pode ser inútil”.
Impresionante documento que me leva a facer unha reflexión desacougante. Non coñezo ao señor Anxo Lourenzo, pero polo que lin del escrito antes da perda do poder polo bipartito creo que se hai un ano ou máis alguén vai explicar un borrador do decreto como o que elaborou este señor, e o propio Lourenzo está entre os profesores do público, seguro que era partícipe da mesma racionalidade, das mesmas gargalladas de impotencia e caras de tristeza dos asistentes. Que fará este home cando deixe o seu cargo?
Demisión xa!
Todas as opinions vertidas no video son respetables. Pero pareceme a min k dito video non foi feito precisamente de forma “espontanea”
A.C., polo que me din mestres que asistiron ao encontro, as persoas que interviñeron fixérono de maneira espontánea e sen ningún tipo de estratexia previa. Moitos/as nin se coñecían. Por suposto, parece ser que un dos proxectos premiados é unha TV escolar, non parece estraño que levasen unha cámara para gravar o encontro. Para soltar cousas como as que dis deberías, cando menos e por respecto, argumentar o que queres insinuar. E logo as respostas do representante da Xunta son inventadas?
http://foro.stegsindicato.org/viewtopic.php?t=8006
A.C., que un fato de mestres de galego que levan tempo traballando a prol da normalización se manifesten críticos (respetuosamente críticos, diría eu) coas bases de Lorenzo, paréceche froito dunha conspiración? dunha acción concertada? Non será máis ben a manifestación espontánea da frustración de quen ve que o poder bota por terra o traballo de un?
So era unha opinion/impresion miña, disculpas a os molestos