A importancia de subliñar

Roger Michelena recolle un texto de Alberto Fuguet sobre o vicioso pracer do subliñado (ler ou mirar cos dedos) que me parece utilísimo para comprender o acto da lectura. Agrego algúns dos fragmentos máis interesantes do artigo que contestan a esas preguntas claves (por qué subliñar?, por qué moitos prefiren non ler un libro prestado?):

  • Leer con un lápiz en la mano, atento a esas frases que cristalizan un pensamiento o una emoción, se ha vuelto una costumbre imprescindible para el autor de esta crónica, que ve en esa acción privada, secreta, una manera de homenajear al autor y de recordar el trayecto que él mismo hizo a través del libro.
  • De un tiempo a esta parte, capto que, con los libros, ya no me basta leerlos, necesito algo de interactividad. No puedo enfrentarme a un libro sin un lápiz de tinta (mi opción uno) o, en el peor de los casos, con un lápiz a mina. También he usado (más de lo que quisiera) esos marcadores de colores fluorescentes que, con el tiempo, dejan de ser tan brillantes y chillones y terminan siendo absorbidos por el papel. Subrayar con destacadores es ideal para toda lectura móvil: metro, tren, bus y avión o, incluso, cama (un destacador funciona mejor que un lápiz a la hora de subrayar cuando el libro está arriba de uno y, por lo tanto, la fuerza de la gravedad juega en tu contra).
  • Subrayo para hacer el libro mío, para darle mi sello, para apropiarme de él. Gozo y me emociono y siento que la vida es mejor, o al menos, más calmada, cuando me enfrento a un autor que piensa como yo o siente como yo o, si bien es muy distinto a mí, somos capaces de estar de acuerdo en un par de cosas. Deduzco que subrayo aquellas frases que resumen, perfectamente, cosas que estoy pensado o he pensado. Subrayo como homenaje y celebración al autor del libro, pero también subrayo para recordar el trayecto que yo hice a través de él. Quizás ésa es una de las mayores diferencias con el cine: con un DVD, uno puede acceder a mil cosas, desde comentarios del director a escenas desechadas, pero no hay escena o diálogo que se puede subrayar.
Etiquetas:
11 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Eu agora non son capaz de subliñar os libros…

    Se teño que subliñar algún, porque estou a traballar con el, merco unha edición nova, preferiblemente a máis barata, e despois regáloa…

    ALMIRAL MOUCHEZ

  2. Fer
    Fer Dice:

    Uf, será polo que me ensinarom na casa, ou polo rspeito que tenho aos livros, pero na minha vida seria quem de empregar tinta (nem um sublinhador) num livro. Para mim é algo impensável :S :S

    Adoito empregar lapis, e co tema do bookcrossing gosto de ponhel algumha notinha, para compartir algo co seguinte que leve o livro…

  3. Ana Bande
    Ana Bande Dice:

    Para min o feito de subliñar ou marcar o libro que leo ven a ser o mesmo que bicar a un ser querido ou abrazar a un amigo. Temos que desmitificar a letra impresa se queremos que realmente nos chegue, por outra parte agradezo tamén ler libros marcados por outros lectores, é unha forma moi interesante de comunicación a moitas veces esas mensaxes son unha corrente de aire fresco que estimulas unha lectura moito máis crítica. É ben certo que son unha bibliotecaria moi heterodoxa.

  4. babilonio
    babilonio Dice:

    Ese fetichismo da letra escrita parece afectuoso: involucra. Pero tampouco hai que elevalo a categoría moral. Os libros toqueteados poden irritar pero tamén animan a deixalos, que non está mal. Os inmaculados vendénse mellor nas de vello. En todo caso, eu prefiro bicar a un amigo. Sempre.

  5. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Cando leo, camiño co pensamento polos textos dos libros. Se algo me conmove ou me gusta especialmente, releo, estudo a frase.Acaricio a idea que me trasmite o autor. Síntome compracida se coincide coas miñas, e non quedo indiferente cando non. Logo, cun lapis fino,trazo unha raia moi sutil, un fío de arañeira apenas perceptible, pois sinto como se o libro fose un ser vivo e estivera a acoitelalo e estragarlle a pel.

  6. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Eu subliño con lapis, con marcadores e mesmo con pilots de 0,5, os meus preferidos, ademais de escribir anotacións e correccións tipográficas nas marxes laterais (cando atopo algunha gralla). Non concibo a lectura sen ter a man un útil da escritura. Cando o libro non é meu, fago as anotacións nos meus cadernos.

  7. R.R.
    R.R. Dice:

    Eu mesturo a educación e os bicos doa que falades antes ca min. Dáme algo de pudor subliñar os libros se é que non vou traballar sobre eles (traduccións, versións, estudio), e supoño que por iso comprendo perfectamente que o señor Brétemas e a señorita Bande sexan tan dados a entintar os papeis editados: rutina profesional, qué envexa.

    Eu o que o que fago é dobrar as esquinas das páxinas nas que atopo esas frases, párrafos, ideas ou música que me chegan moi adentro por algún camiño. Así os meus libros favoritos teñen centos de páxinas sen picos e ademais parece que engordaron.

    Ás veces rebusco nas páxinas dobradas e a maxia da literatura prefire que as palabras que me cheguen sexan outras distintas que aquelas que motivaran o primeiro papel dobrado.

    Delicioso post e comentarios ;-D

  8. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Acariño e bordeo coas xemas dos dedos as cubertas, contemplo e perfilo cada color, cada pregue, cada detalle que prologa unha lene iniciática lectura, case sen tocarnos.
    Ese tempo xusto previo a penetrar nel e deixar na súa pel tódalas marcas coas que se fai definitiva e irremediablemente meu e de todos.

  9. santorum
    santorum Dice:

    Poñedes o nome, a data ou o lugar de compra; incluides algunha cita, algunha dedicatoria ainda para sí; rompedes algunha páxina; tirades algún libro ó lixo?
    Se algún blogueiro asume a lectura coma unha penetración, qué significado ten suliñalo?

  10. Mario
    Mario Dice:

    – O nome por se o presto (e por se vou a unha firma non ter que repetirllo ao escritor)
    – A data, porque se cadra algún día teño curiosidade por saber en que momento veu ás miñas mans.
    – Tampouco arrinco as etiquetas das librarías até que caen por si mesmas, lémbranme as cidades nas que vivín.

    Pero son incapaz de facerlle máis nada. Suliñar ou dobrar as follas é un crime para min e inutiliza o libro para outros lectores. Por que teño que impoñerlles aos que veñan despois o ton máis alto que sempre se asocia ao suliñado? Ou por que lembrarlles que “non son os primeiros” con marcas persoais ou esquinas dobradas?
    Se o fago ou fixen con algún libro é con libros que non “respeito”, xeralmente de autores aos que non aturo ou libros de texto, que ao seu xeito tamén intentan impoñerche a súa lectura particular doutras obras (e está ben que leven o seu merecido).
    Lembro que na escola o meu libro de literatura era sempre un collage posmoderno onde non faltaban bigotes nas fotos nen manifestos polas marxes. Porén, cando nos mandaban ler unha obra literaria en lugar de suliñar marcaba moi levemente cun lapis dous puntos, un no inicio do parágrafo e outro no final. E ao rematar o curso recorría o libro folla a folla cunha goma de borrar e eliminábaos con moito coidado, así fosen trescentas páxinas. Algo obsesivo, se cadra, pero tampouco aturaría atopar as miñas propias marcas nas relecturas.
    No que respecta ao lugar da edición dixital eu creo que se vai diferenciar unha lectura de consulta ou almacenaxe (a dixital) doutra de puro e simple pracer. E creo que nos vamos volver máis esixentes, que se vai volver á noción do libro obxecto e imos levar moi mal que lle amarelezan as páxinas aos dous ou tres anos ou que se nos descosa no medio da segunda lectura. Tomade nota.

  11. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    Noli me tángere.

    Perdeume esta inveterada tendencia á secularización no meu comentario anterior…

    Pero o real é o que expón Mario: nós non tocaremos os libros para deixalos sen mácula para as xeracións vindeiras ou para nós mesmos reencarnados en máis anos ou noutros. Xa veñen tocados de imprenta e todo o noso sacro respecto será en van.

    Non, non asumo a lectura como unha penetración (tal literalidade resérvoa para outras circunstancias distintas á lectura, claro), senon como un acto propio, próximo, amable, admirado… no que alguén me presta a súa palabra non para que a venere, senon para que a faga, dun ou doutro xeito, miña.

Los comentarios están desactivados.