A pegada de Man

A obra artística de Manfred Gnädinger, Man, tamén chamado “alemán de Camelle”, conta co seu primeiro estudo rigoroso grazas á publicación do libro (chegou onte mesmo do prelo) de Xoán Abeleira.
Nacido en Radolfzell, unha vila próxima a Friburgo, o 27 de xaneiro de 1936, este artista eremita instalouse en Camelle en 1961 desenvolvendo, dende entón, alí toda a súa vida, que cobrou trazas de auténtica lenda, e que finalizou de forma tráxica o 28 de decembro de 2002, apenas un mes despois de que o chapapote do Prestige asolagase a costa galega e estragase o conxunto das obras (esculturas e pinturas preparadas, a maior parte delas cos materiais naturais e de refugallo que deitaba o mar) do seu singular Museo.

A pegada de Man recolle case un centenar de fotografías a cor das obras do Museo de Man, intercalando textos críticos nos que se aborda a súa análise e o contexto artístico no que se inscriben. Inclúe, ao xeito de limiar, un primeiro achegamento biográfico sobre unha figura humana e artística, que se pretende reivindicar e homenaxear, reclamando a urxencia de recuperar e poñer en valor o legado do seu museo (algo terá que dicir sobre esta cuestión a actual Consellaría de Cultura). Agardamos que a publicación deste libro (que intentamos fose fermoso e de edición coidada, empregando un formato horizontal ao xeito dos albums fotográficos) constitúa un exercicio de memoria axudando, polo menos, a recuperar a dignidade roubada a este artista que morreu da tristeza provocada polas ondadas do chapapote.

Etiquetas: , ,

3 comentarios
  1. Colectivo Literario Sacou
    Colectivo Literario Sacou Dice:

    O COLECTIVO LITERARIO SACOU estrea web.

    Depois de 8 anos de existência, traslada agora a sua laboura mais efémera à rede.

    http://www.sacou.blogspot.com

    Desde onde se poderam lêr textos dos seus membros, opinións e actividades deste grupo literario pioneiro em Galiza.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Eu nunca estiven no Museo de Man, aínda que pareza mentira, pero un irmán meu foi alí cos meus sobriños e escribiron nuns cadernos que el tiña…

    Non quero nin pensar qué foi daqueles cadernos…

    ALMIRAL MOUCHEZ

    P.D. Que saia ben todo!!!

Los comentarios están desactivados.