Os libros arden mal
O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio… Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca.
Esta obra, como moitos dos personaxes que a habitan, podería levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luís Vives transmitiu a Erasmo: “Non se pode falar nin calar sen perigo”. A protagonista principal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe bélica e o latexo dionisíaco da fala popular. A linguaxe dogmática da relixión e a fala carnal e erótica do entroido. Unha obra que intenta pescudar, por un camiño interior, de intersticios, con sutileza e sen dogma, no inexplicábel histórico.
A estrutura desta novela semella a dunha esfera armilar, composta por moi diferentes órbitas nas que os astros, ademais das vidas humanas, son os libros, as pertenzas, os animais, as plantas, e as palabras, elas mesmas a moverse como seres vivos. Unha esfera armilar tamén no entrelazar de xéneros, cunha órbita maior, a ficción narrativa a xeito de thriller, no que o caso central é a historia dramática da cultura, que contén en círculos concéntricos a poesía, o ensaio histórico, a crónica xornalística, formas de literatura popular como as novelas do Oeste. Unha esfera tamén que entrelaza multitude de voces, nunha escrita encarnizada, sempre en vilo, que vai e vén entre os territorios da dor e o gozo erótico.
e como arderá un blog?
descubrín un blog moi interesante que semella a actualización de memorias de adriano pero dende a perspectiva das mulleres
http://mujeresderoma.blogspot.com/
Espero que desculpe que sexa tan directo, pero esa cuberta ten delito…
Pois a min non me disgusta… Intentarei de leela en galego, xe teño moitas ganas.
Por outra parte, felicidades polo blog.
(e perdón polo meu galego macarrónico dende Catalunya)
Chuzado.
case 800 páxinas!!!
que pereza!
desde que teño a medias Jonathan Strange y el señor Norrell non aguanto libros de máis de 200 páxinas!
A verdade, logo de ler os avances que se fixeron do libro e agora a sinopse de contracuberta, a obra promete, pero esperarei a lela, porque o autor é un dos máis irregulares que coñezo, capaz de narracións excelentes, admirables, e de “textículos” esquecibles. A ver en que categoría cadra este “Os libros arden mal”…
Gústame a portada. De quen é?
A imaxe de cuberta é un cartel das festas da Coruña que preparou camilo Díaz Baliño, o pai de Isaac. A foto do lume é de Manuel González Vicente e o deseño e o tratamento dixital de Miguel A. Vigo.
Agardo con emoción polo libro de Manolo.
Almiral
Veño de remata-lo libro é inda non sei que pensar del. Por unha parte, a historia, moi coral, ten todo o encanto da narrativa de Rivas. Sen embargo, e sen querer negarlle á obra a súa valía, a redacción do texto (frases breves, telegráficas en moitas ocasións) fai que a lectura non sexa moi fluída. Para un conto a estructura é válida, pero unha obra deste volume require, dende o meu punto de vista, un ritmo máis áxil.
Estoy a ler o libro, agora mesmo estou na mitade… e me parece, por falar dun modo sinxelo, excelente. Non debe asustarnos o feito de que sexa ‘gordo’, porque se le moi ben. Eu son arxentina e levo sete anos en Vigo, podería pensar que ler en galego é difícil, pero con esta novela non ocorre.
Manuel Rivas asinou o meu exemplar na Feria del Libro e fixo un debuxiño moi chulo. Falei con el e quedei encantada.
Saúdos e perdón por mi galego ‘adoptado’.
un bon libro hay donde os haixa si señor
case oitocentas paxinas k non son nada se te pos en serio
bueno un saudo a todos os k visitan esta paxina e a seguir lendo en galego k merece a pena
hai k axudar os escritores galegos k hai poucos k vivan de escribir e Manuel Rivas é un deles
bueno un saudo e xa vos contarei mais cousas outro dia