Onte 25: Paralízase a CDC
Roberto Varela recoñece que é necesario adiar sine die a finalización da Cidade da Cultura. De forma moi sensata o conselleiro asume que a prioridade do seu departamento é o mantemento das industrias culturais galegas (identificado coa conservacións dos seus empregos) e non rematar o faraónico proxecto iniciado polos gobernos de Fraga. Roberto Varela paraliza a construción dos edificios do teatro e o destinado a novas tecnoloxías. Unha decisión que se puido ter tomado hai seis anos cando o goberno de coalición argumentaba que era imposible polos compromisos contraídos e sería tan caro parar as obras como continualas. Agora semella que era posible facelo. Un queda parvo.
Pois xa somos dous os que quedamos parvos. E quedaremos, ata que alguén explique por que antes non se podía e agora, si. Se cadra, as construtoras renuncian ás indemnizaciónos…
En canto á decisión do señor Varela, se de verdade o fai para apoiar as industrias culturais, paréceme un acerto.
Porqué o bipartito non o fixo? creo que é fácil de respostar, se queren. Dado que parece que non era verdade o do custe inasumible, so queda a explicación de presións de amigos que se benefician, ou a idiotez e a falta de responsabilidade máis profunda.
A razón é sinxela: os contratos dos últimos edificios foron asinados polo Goberno en funcións de Fraga (xullo 2005). Polo tanto, o tema estaba pechado e máis que pechado. De querer cancelar estes edificios só había unha saída: negociar coas construtoras, pero hai que ter en conta que iso só se fai dun xeito: ofrecéndolle algo de maior valor a cambio (e, por suposto, estamos falando moooita pasta). E iso non llo podía ofrecer unha consellería do BNG, dado que non tiña nin un Goberno estatal nin ningunha consellería de obras públicas. Por outra banda, a situación económica naquel momento difire moito da actual.
Agora mesmo isto é fácil de conseguir: as construtoras “necesitan” dos gobernos e están dispostos ao q sexa por concesións presentes e futuras.
Xa somos tres… os que quedamos parvos e haberá máis. O malo é que hai moitos “listos”. Por outra banda, un espera que o do señor conselleiro non quede nun mero titular xornalístico.