Eu son um lápis

Vía Alcameh coñezo a tradución portuguesa deste libro incluído por Publishers Weekly entre os mellores libros de 2004 no apartado de Non ficción. “Un profesor, os seus alumnos e o seu mundo de historias”. Semella interesante para os lectores interesados en cuestións educativas. Non atopo tradución en castelán.

Etiquetas:
8 comentarios
  1. petopitopato
    petopitopato Dice:

    “Os contos de asi foi” de Ruyard Kipling… é o libro que lle estou a ler agora as miñas crianzas… atopeino en akal e penso que non está traducido ó galego, así que teño que face-lo sobre a marcha.. ainda que erro a miudo, é doado e moi gratificante para os peques. Estaría ben que nos poidese recomendar libros en galego ou traducidos que “enganchen” ós pequerrechos (e non tanto).
    apertas

  2. marcos valcarcel
    marcos valcarcel Dice:

    O Faro publicaba esoutro día a grandes columnas: Vigo, a cidade onde menos se fala galego do país. É esa a impresión que se vive na rúa ou hai certo sensacionalismo no titular? Gustaríame saber a túa opinión ao respecto. Saúdos.

  3. Lola
    Lola Dice:

    “Así foi”, de Rudyard Kipling. É o número 12 da colección Árbore de Galaxia, na serie “de 12 anos en diante”. E está vivo, supoño que se atopa en moitas librarías. Efectivamente, son uns contos magníficos para ler en alta voz, dou fe.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Pois pode ser perfectamente que Vigo sexa a cidade na que menos se fale en galego. Aínda que na Coruña tampouco se fala moito, que digamos…

    Vamos, que nos sitios onde máis xente hai é onde menos se fala o galego… Así andamos…

  5. Martin Pawley
    Martin Pawley Dice:

    Pois eu estou seguro de que é ao contrario: Coruña e Vigo (máis a primeira) son as cidades con maior número de galegofalantes do país.

Los comentarios están desactivados.