U-la túa casa?
A túa casa está onde están os teus libros.
De que están feitas as palabras?
As palabras están feitas de material inflamable que se incendia ao rozalas coa imaxinación. (Octavio Paz)
Recomendo ver devagariño este vídeo-post de Barbol construído só con palabras e música.
Obrigado a Txetxu e a Moebius polo magnífico enlace.
Vino. Non está mal, pero tampouco é para tanto.
Serei excesivamente hipercrítico?
Interesoume máis a nivel formal que dos seus contidos (tópicos?)
A respecto da primeira cita, creo que é de Richard Burton. Lémbrame outra atribuída a Max Aub, moi fermosa e verdadeira: un é de onde fixo o bacharelato.