Que erro tan grande!

«Que erro tan grande darlle máis poder nas aulas a uns pais que perderon o seu na casa.»

Creo que esta frase, que lin nun comentario de Facebook e que recolle en Twitter Descalza, describe mellor ca ningunha outra as dimensións do erro enorme que vai cometer o PPdeGalicia presentando ese proxecto de decreto (chamado) de plurilingüismo. Un texto que rompe un modelo consensuado de convivencia lingüística, forxado con moitas dificultades ao longo de tres décadas de autonomía, e fará retroceder o uso do galego nas aulas, dificultando así a adquisición dunha competencia idéntica nas dúas linguas oficiais a todo o alumnado ao remate da ESO. Mañá abordaremos a cuestión máis por extenso no artigo de Faro de Vigo que titulamos «Galego, o consenso feito cachizas».

Mentres, continuamos en Twitter o noso seguimento sobre as reaccións e mobilización que esta suscitando a noticia. Recomendamos a todos os tuiteiros que cando a aborden empreguen a marca #decretogalego.

Entre as moitas reaccións de repulsa ao contido do avance do decreto recomendamos a lectura das publicadas polas dúas plataformas nas que participamos: ProLingua e Galego Patrimonio da Humanidade.

Neste momento decisivo para o futuro da nosa lingua, como sinala Xosé Gundín, a resposta unitaria é vital.

11 comentarios
  1. A.C
    A.C Dice:

    Non sei de k tamaño será ese erro. Pero o conselleiro de educacion dixo hoxe k o problema do galego non e k non se estudie, e k non se usa. ¿o estudio de mais asignaturas implicaria maior uso? ¿Por k non se usa? that is the cuestion

  2. Xiao dos Ancorados
    Xiao dos Ancorados Dice:

    Pesimas metodoloxías nas aulas mesturadas con que todo leva o seu tempo. A estes cunilinguistas levoulles 7 séculos extirpar das nosas mentes o galego e vos pretendedes recuperalo en 3 anos. Primeiro hay que quitar o lixo que lle botaron enriba para que despois a xente se anime a falalo.
    Os pasos que estaba dando o bipartito eran os axeitados, crear necesidade de falalo esa é parte da solución, sen esa solución atraer aos nosos nenos a través de medios de comunicación. póñovos o exempro do Xabarín e o tipo cantando as bolas do dragón Z en galego no Xapón?

  3. GalizacapitalBraga
    GalizacapitalBraga Dice:

    Para A.C.
    Também Pilatos perguntava a Jesus o que é a verdade. Por que um ignorante comete uma vileza? Por que um miserável blasona sua ignorância? Um tangallego desses que dizem que “quieren a Galicia” roubou (é de supor que pagando a parvos) as humildes mísulas duma derruída ermida, sem mais valor do que o histórico, pouco depois de terem recuperado os vizinhos a memória da romaria. Desde o gabinete em que as luz verão-se os “tangalleguísimos hórreo e cruceiro”. Tão infinitos são os “sucedidos” semelhantes como as hienas que aguardam o momento oportuno.

  4. Austin Real Estate
    Austin Real Estate Dice:

    I believe we are heading towards a more “revealing” year this time. there are several discoveries and development that will further our goals and makes consumers exited to what is coming at them.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] no artigo da semana analizo o que entendo son as claves do avance do decreto (chamado) de […]

  2. […] (BNG, PSdeG-PSOE, AGIR, NOS-UP), como persoeiros da cultura (Marcos S. Calveiro, Xabier P. Docampo, Manuel Bragado), como associaçons de pais e nais, associaçons de defessa da língua (A mesa, […]

Los comentarios están desactivados.