Celta esperpéntico
O do ascenso pode ser verdadeiramente esperpéntico. Poucas veces asistimos no eido do simbólico (o que representa socialmente o fútbol) a unha representación máis desacougada da dimensión revolcada de Sal. Despois de celebralo polo grande o domingo pasado, unha cuestión de procedemento (non chego a comprender o sentido desa norma) pode deixarnos en segunda. O partido de onte, fóra de dous penaltis clamorosos non asubiados e da inxusta expulsión de Fabián, foi estremecedor e tristísimo. Outra vez, o medo enchendo Balaídos. Será posible que un xeito de esconxuro maligno persegue o futuro de Sal, unha cidade que non ten acougo de máis de dous días para gozar das súas alegrías?
Ollo!: nas bancadas rexoubábase onte que a reclamación por aliñación indebida, presentada polos rivais do Celta, fora chivateada por medios de Torre. Se isto fose certo (sinceramente non mo creo) e o Celta non gaña o vindeiro sábado (o que é posible co desánimo e o desconcerto que invade ao cadro de xogadores), poderiamos estar diante dunha enleada moi seria (con repercusións políticas e sociais inimaxinables). Eu, con todo, e a pesar do medo, non perdo a esperanza da volta a primeira.

O noso si que é un equipo “pupas”. Mais, é realmente “noso”, é realmente “meu”? Coa estúpida Lei de SAD expropiouse un sentimento, agora os siareiros non somos donos do club, non podemos esixir responsabilidades aos torpes dirixentes.
Por qué sempre a impericia está co Celta? Moitas veces… non debe ser casualidade.
Desexo que o vindeiro fin de semana traia dúas boas novas.
meu pai chamoume para darme a noraboa cando o do ascenso, pra dirme que andaban máis de cen na praza da américa dando brincos, que os escoitaba dende o balcón. pero espeteille que tampouco parecíame boa cousa. xa, xa sei… pero é que ben mirado, a min gustábame máis ser número un en segunda que mediocre de primeira. paréceume máis emocionante esta temporada “con posibles”.
e un ano máis en segunda, ó mellor servía para que horacio dimitise por “falta de ingresos” (os seus, para o seu falcon crest da ribeira) e deixase de foder coas súas parvadas.
o meu pai quedou calado, e logo deume a razón.