«Protexta 09»

Mañá distribúese cos periódicos do grupo La Capital o novo número de Protexta, o magnífico trimestral literario de Tempos novos. Por agora, xa se pode descargar un adianto, a entrevista de Bieito Iglesias a Gao Xingjian. Coordinado, agora, por Ana Salgado, o número promete: entrevista nas páxinas centrais a Manuel Rivas, e críticas dos seus dous recentes libros de xornalismo literario; ademais dun boa restra de críticas de novidades (que alentan a nosa curiosidade). Parabéns o novo equipo de Protexta, un soporte fundamental na nosa crítica literaria independente.

4 comentarios
  1. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Si o, o temos ata na sopa, o outro dia na tv en castelan.
    .Esperemos k saian novos escritores.
    E en iso D. Manuel, esta a dar “cancha”
    A.C

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Eu non quería dicir iso, non creo que haxa que ter nada contra Rivas, todo o contrario. Pero sí contra os gurús das revistas e os “animadores culturais” que andan con orelleiras de burro e non saben ver máis alá do punto fixo do abrevadeiro. Non é así como se crea patria, nin literatura galega.
    Iso quería dicir.

    (O anónimo das 9:24 PM)

Los comentarios están desactivados.