Gallimard aposta polos libros electrónicos
Editions Gallimard acaba de anunciar que antes que remate este mes de setembro ofrecerá un catálogo de libros electrónicos descargables dende a súa libraría electrónica, «Le Divan». A selección de obras incluirá algunhas das novidades literarias da vindeira tempada. Este anuncio coincide co lanzamento en Francia do Sony Reader pola FNAC, a un prezo de 299€, e por Hachette livre como proveedor exclusivo de títulos durante tres semanas deste soporte electrónico de lectura. O libro electrónico móvese en Francia.
Unha pregunta persoal pero que me interesa porque quixera probalo: ten vostede algún artefacto de lectura coma estes?
Imaxino que si, non?
Achegábame por aquí para deixarlle esta ligazón. É unha tradución ao castelán do ‘Informe sobre o libro dixital en Francia’, que encargou o Estado francés a un grupo de expertos.
Se teñen problemas para descargalos proben neste formulario.